GALICIA
Os sindicatos rebaixan a cifra oficial de 7000 a 2.812 os traballadores/as que loitan contra os incendios forestais en Galicia
![[Img #19847]](upload/img/periodico/img_19847.jpg)
As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF lamentan nun comunicado emitido hoxe que “Galicia sexa un ano mais noticia polo temas dos incendios forestais”, tamén condenan “as presuntas prácticas intencionadas ou por outros motivos que están provocando que este ano xa haxa mais de 7.000 hectáreas de monte queimas, o equivalente a 7.000 campos de Fútbol”.
Dende os sindicatos amosan o seu apoio ao persoal do SPDCIF, que “con medios precarios, con falta de plantilla, pero con dedicación, compromiso e profesionalidade están evitando que se teñan queimado moitas mais hectáreas de monte”.
Tamen denuncia que “os datos que anuncia a Conselleira de Medio Rural, en relación aos o Plan de Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA), non se corresponden coa realidade”. Segundo estas organizacións sindicais os datos reais son que “o dispositivo da Xunta conta nestes momentos 2.812 traballadores, fronte ao dato que aparece nas estatísticas oficiais de 3.952 -1.140 traballadores menos: 177 no SPDCIF, 73 en SEAGA e 890 dos Concello-”.
Demandan “un gran pacto social para quitar o tema dos incendios forestais da loita partidista"
Como consecuencia disto afirman que “a conclusión é que a Consellería ou non di a verdade ou está sendo enganada polos responsables do seu departamento”
Por último esixen a convocatoria inmediata dunha mesa de negociación para tratar con carácter urxente temas que consideran prioritario, entre os que estarían a “cobertura de prazas vacantes, o recoñecemento da categoría de Bombeiro Forestal e a defensa do servizo público, único e profesional”.
Tamén consideran que é “grave que o operativo de loita contra os incendios forestais siga, cada vez mais fragmentado en múltiples colectivos que operan descoordinados e en moitos casos sen equipamentos, sen experiencia e baixo mandos diferentes -brigadas municipais, brigadas de Tragsa, brigadas de Natutecnia, a UME, brigadas de SEAGA-“.
A CIG, CCOO, UGT e CSIF demandan “un gran pacto social para quitar o tema dos incendios forestais da loita partidista, e acadar un gran pacto a favor do monte galego, para poñer en valor o ‘ouro verde’ que temos en Galicia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101