Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 13 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Hoxe coñecerase ao gañador do I Concurso Internacional de Violín

Mañá, venres, terá lugar o concerto de clausura do III Festival Groba

[Img #19850]Esta tarde remata o I Concurso Internacional de Violín que se desenvolve dentro do programa do III Festival Groba, no que participaron 18 candidatos de distintas nacionalidades. Os cinco participantes seleccionados para a fase final foron Elea Nick (Suíza, 16 anos); Reina Shibutani (Xapón, 22 anos); Cristian Grajner (Reino Unido, 21 anos); Mitsuhiro Shimada (Xapón, 16 anos); e Julen Zelaia (España, 20 anos). Os finalistas actuarán esta noite coa Orquestra de Cámara Galega no horario habitual do Festival (21:00 horas). Os gañadores daranse a coñecer ao remate do concerto.

 

Mañá, venres, terá lugar o concerto de Clausura do Festival. A primeira parte do programa está reservada para os alumnos participantes nas clases maxistrais que se desenvolveron ao longo da semana. A segunda parte estará cuberta pola Orquestra de Cámara Galega que interpretará obras de Vivaldi e Holst, e que estreará unha das últimas composicións do Mestre Groba, "O xílgaro e o picapau", un concerto para frauta, xilófono e corda no que actuarán como solistas André Cebrián e Xoel González.

 

A organización quere facer unha valoración moi positiva do desenvolvemento do Festival ata o de agora, así como do concurso. A alta calidade demostrada polos concursantes e polo resto de participantes no festival quedou patente ao longo de toda esta semana, acadando unha audiencia moi importante en cada unha das actuacións. A satisfacción do público tamén se fixo notoria á saída de cada concerto, recibindo numerosas felicitacións polo desenvolvemento da actividade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.