Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 13 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Tres novos vehículos para as Policías locais de Marín, Mos e Baiona

[Img #19851]O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá os concellos de Marín, Mos e Baiona, onde fixo entrega aos seus alcaldes de tres novos vehículos de Policía Local. Rueda estivo acompañado polos delegados territoriais en Pontevedra e Vigo, José Manuel Cores Tourís e María José Bravo Bosch, respectivamente.

 

Estes tres novos coches policiais forman parte dun remanente producido na xestión dunha orde de axudas da Vicepresidencia, cuxo obxectivo era adquirir vehículos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes e corpo de policía local propio.

 

Ao abeiro desa orde entregáronse 48 vehículos, que sumados a estes tres -cedidos mediante un convenio- superan os 50 en toda a Comunidade. Con esta iniciativa, a Xunta reforza a súa colaboración cos concellos para a mellora dos servizos de seguridade e de xestión de emerxencias de Galicia.

 

Rueda destacou a importancia da colaboración e da cooperación entre Administracións, especialmente cando se trata de ofrecer un mellor servizo aos cidadáns en materias tan sensibles como as emerxencias ou a seguridade cidadá. Outros exemplos desta frutífera colaboración son os parques de bombeiros comarcais, os voluntarios de Protección Civil ou os Grupos de Emerxencias Municipais, GES.

 

Agora, estes novos vehículos permitirán aumentar os medios técnicos e de mobilidade dos corpos de policía local e polo tanto prestar un mellor e máis rápido servizo aos cidadáns. Grazas a esta actuación, a Xunta facilítalles aos concellos unha oportunidade para cambiar vehículos antigos e cun alto custe de mantemento por outros novos, dotados de mellores sistemas de seguridade e que farán que o traballo diario destes axentes sexa máis eficiente.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.