Mos
Dous feridos nun novo accidente ocurrido na estrada Mos - Puxeiros
Dous vehículos colidiron frontalmente esta tarde en Mos, cando circulaban pola estrada que une Mos con Puxeiros, á altura do punto quilométrico 4. Os membros do grupo local de emerxencias informaron de que dúas persoas resultaran feridas e foran trasladadas a un centro hospitalario de referencia. Tras recibir a alerta dun particular, o 112 Galicia solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do persoal de Protección Civil de Mos.
O accidente tivo lugar ao fío das 14:00 horas de hoxe. Pasados uns minutos, o CAE 112 Galicia tivo constancia doutro accidente, en Cuntis, na estrada que conduce ata O Pino. Neste caso, o coche saíuse da vía, caeu por un terraplén e colidiu cunha árbore. Se ben nun primeiro momento o particular que alertaba indicou que a condutora podería estar atrapada, finalmente logrou saír polos seus propios medios. Non obstante, dende o 112 Galicia informouse a Urxencias Médicas, xa que a ferida presentaba uns cortes na cara por mor do accidente. Ademais, solicitouse a intervención de Bombeiros do Salnés, GES de A Estrada, Protección Civil de Cuntis e Vilagarcía e Garda Civil de Tráfico.
Tramo perigoso
Esta tramo da estrada PO 2601 (Mos-Puxeiros), que depende da Deputación Provincial de Pontevedra, é o escenario de numerosos accidentes, algúns con feridos de consideración. Os veciños do lugar amósanse "fartos desta situación" piden a "construcción de beirarrúas que melloren a seguridade dos peóns" e tamén melloras na "limpeza e mantemento do vial" coa reposición da sinalización horizontal e pintado de marcas viais de limitación de carril.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155