GALICIA
O limbo da dependencia cuantifícase en Galicia en 12.426 persoas
UGT-Galicia denuncia que o Orzamento de 2016 é un 16,4 por cento inferior ao de 2011 e insta á Xunta e ó Estado a que corrixa este grave quebranto na atención á dependencia
Unha análise das estatísticas e datos referidos á dependencia evidencian, segundo o sindicao UGT, que “en Galicia existe unha ralentización, que case chega á parálise, do sistema”. A pesar de incrementarse progresivamente o peso da poboación de 65 ou máis anos, o que conleva, paralelamente, maiores necesidades en materia de dependencia e maiores solicitudes, “isto non está sucedendo”.
Dende UGT-Galicia denunciaron en reiteradas ocasións, as “reformas e recortes introducidos limitaron o acceso ás prestacións, sobre todo, nunha Autonomía como Galicia na que xa existía unha gran lentitude na aplicación inicial da Lei como fora concibida”. Todo isto está constituíndo un auténtico “mazazo aos dereitos das persoas en situación de dependencia” e, por extensión, ao que UGT-Galicia considera “a gran conquista nesta materia en todo o período democrático”.
Con oito anos de andadura da Lei de Dependencia, na que o Sindicato tiña postas todas as súas esperanzas para recoñecer unha serie de dereitos e prestacións a aqueles que pola súa situación de dependencia os precisaban e, na medida do posible, facilitarlles a vida aos afectados e ás súas familias, o balance deixa moitas sombras no camiño. “Os recortes e os cambios lexislativos dos últimos tres anos en materia de dependencia están a prexudicar gravemente ao primeiro dereito social subxectivo recoñecido por unha norma” subliñan.
Para UGT-Galicia son “moitos os puntos de vista dende os que se pode analizar o cumprimento dos obxectivos iniciais da Lei. Aquí en Galicia o primeiro que debemos ter en conta é o peso da poboación de 65 ou máis anos que ascende ao 24 por cento do total. Aumentando considerablemente cada ano que pasa, sirva como exemplo ver o que sucedeu entre o 2014 e o 2015. Neste período o incremento nesta franxa de idade foi de 7.796 persoas. Así, a día de hoxe hai en Galicia 655.841 persoas maiores de 65 anos”.
Os recortes cada vez poñen máis trabas no camiño para acceder a un servizo ou prestación dignos
A pesar do incremento das demandas nesta materia consideran que “a realidade é outra”. Din que o “sistema está ralentizado e contraído. Os recortes cada vez poñen máis trabas no camiño para acceder a un servizo ou prestación dignos e algúns cambios normativos da Lei, como o Real Decreto 20/2012, aprobado polo Goberno de Rajoy, incrementaron, e moito, os niveis de copagamento. Os dependentes con rendas superiores ao IPREM xa teñen que asumir parte do custo da prestación recibida pero é que a isto hai que sumarlle o copagamento sanitario e, por lóxica, as persoas en situación de dependencia teñen un maior gasto en medicamentos”.
LISTA DE ESPERA
Dende o sindicato explican que “ademais de ter baixado o número de solicitudes, nun 1,6 por cento, se se comparan as cifras a xuño de 2015 coas de xuño de 2014, alarma observar que no limbo da dependencia hai 12.426 persoas que están agardando por unha prestación. Mentres en xuño de 2015 había rexistrados 51.342 beneficiarios con dereito a prestación, o número de beneficiarios con prestación efectiva non supera os 38.916. Isto cifra a lista de espera nesta Autonomía no 24 por cento e, ademais, constitúe un gravísimo problema para afrontar a atención ás 15.096 persoas con dereito (grado 1) a partir do 1 de xullo deste ano”.
Neste punto, lembran que “o Real Decreto do ano 2012 eliminou a retroactividade durante os dous primeiros anos, o que supón que as persoas que estean esperando durante este tempo non supoñen un custo para a Administración. Provocando, nalgúns casos, que os afectados que perdan a vida neste espazo de tempo non perciban absolutamente nada. Neste senso, hai que subliñar que o Imserso recoñece oficialmente que o 77 por cento das persoas que causan baixa estando atendidas o fan por falecemento (datos estatais porque non están desagregados por comunidades autónomas). É obvio que outro tanto sucederá coas persoas que están en lista de espera” aseguran.
UGT-Galicia incide en que “un dos obxectivos da Lei foi a creación dunha rede pública de servizos de calidade pero a realidade non é así e unha alta porcentaxe das axudas destínanse ao coidado no contexto familiar, recibíndoas o 25 por cento dos fogares con persoas dependentes. É evidente que isto resulta moito máis barato para a Administración. É moi inferior unha axuda de 500 euros ao custo real dunha praza na rede pública”.
Non obstante, este tipo de axudas económicas tamén sufriron recortes. En xullo de 2013 rebaixouse a contía das axudas económicas e o Goberno deixou de pagar a cotización da Seguridade Social das persoas coidadoras. “O que está a provocar que estes coidados queden á marxe da economía, xa que son moitas as persoas que non poden asumir o custo”.
Pasamos de 2484 coidadores no 2008 ata os 1.214 a 30 de xuño de 2015
Se no ano 2008 había en Galicia 2.484 coidadores non profesionais no eido da dependencia dados de alta na Seguridade Social no 2014 esta cifra baixou ata os 1.214 a 30 de xuño de 2015. Pero é que nos puntos álxidos dos anos 2010 e 2011 a cifra superaba as 8.000 persoas. Cifra que foi baixando paulatinamente dende o 2012 cando a Seguridade Social deixou de ser aboada pola Administración.
Dende UGT-Galicia insístese en que a situación da dependencia en Galicia non se corresponde coa súa realidade demográfica porque non resulta coherente que a maior peso da poboación de maior idade non se estea a incrementar a protección social, todo o contrario, estanse recortando dereitos.
AUMENTAN AS NECESIDADES
A realidade poboacional contrasta co feito de que o número de solicitudes para o recoñecemento da situación de dependencia rexistradas en Galicia volva a descender no último ano para situarse en xuño de 2015 en 79.532, un 1,6 por cento menos.
Neste mesmo senso, tamén resulta paradóxico e un síntoma da desprotección que existe en Galicia en materia de dependencia, que, segundo os datos do Imserso, a 31 de decembro de 2012, o número de usuarios de servizos sociais destinados a maiores en Galicia ascendía a 43.236, representando un 2,7 por cento do total estatal, sendo esta porcentaxe significativamente inferior ao peso da poboación maior de 65 anos, que é do 7,6 por cento.
En relación á poboación empadroada en Galicia, as solicitudes rexistradas representan o 2,89 por cento, case cinco décimas menos que a media estatal. O 96,92 por cento destas solicitudes foron ditaminadas (95,2 por cento no conxunto do Estado), tendo dereito a prestación un total de 51.342 beneficiarios, o que representa o 66,61 por cento das solicitudes ditaminadas.
Por grados, a 30 de xuño de 2015, residen en Galicia 22.291 beneficiarios cunha situación de gran dependencia, 22.404 persoas con dependencia grave e 4.647 cunha situación de dependencia moderada.
No relativo aos Programas Individuais de Atención (PIA), o número total de beneficiarios, en relación ao peso poboacional total de Galicia, representan o 1,42 por cento, tamén por debaixo da media estatal, que é do 1,6 por cento.
O número total de prestacións sitúase nas 41.934. Así, o número total de prestacións por persoa beneficiaria é do 1,08 por cento en Galicia, fronte ao 1,27 por cento de media estatal.
Pasouse dunha modalidade de protección social a un sistema meramente asistencialista no que a universalidade no acceso e a atención ás persoas de xeito integral e integrado queda limitado polos axustes impostos. O Goberno, practicamente, paralizou a aplicación da Lei, coa redución do nivel mínimo de protección, a diminución das contías a percibir polos beneficiarios, a redución da intensidade da protección e o incremento do copagamento do beneficiario.
RECORTES DO GOBERNO DO PP
De feito, a Asociación estatal de directores e xerentes en servizos sociais cifra o quebranto acumulado en dependencia, pola supresión do nivel acordado e o recorte do nivel mínimo (13%) aprobado mediante RD-Lei 20/2012, en 84.390.661,47 euros dende o ano 2012 ata o 2014.
Estas son meras cifras estatísticas de aforro orzamentario para a Administración no contexto de aplicar recortes sociais nunha política centrada na redución do gasto público, pero produce efectos sociais e laborais moi negativos. Por unha banda, a situación inxusta e discriminatoria das persoas e as súas familias que precisan atención e que non dispoñen de recursos para facer fronte a esta necesidade cos seus aforros ou recursos propios, quedando un dereito recoñecido postergado e a cobertura suxeita a capacidade de pago; e dende o punto de vista laboral a imposibilidade de crear postos de traballo nun ámbito recoñecido como nicho de emprego que non é so gasto senón que xera importantes retornos económicos.
OS PXE DE 2016 “CONSOLIDAN” A POLÍTICA DE RECORTES
Por outra banda, atendendo ao Proxecto de Presupostos Xerais do Estado para o 2016 din que “obsérvase por parte do Goberno un intento de confundir á opinión pública en todo o relativo á partida destinada a atender á dependencia, denominada ‘Programa de autonomía persoal e atención á dependencia’ anunciando unha suba porcentual global. O que non se conta é que dende os PXE do ano 2011, antes dos primeiros recortes nesta materia, ata o 2016, o recorte orzamentario foi dun 16,4 por cento, ao pasar de 1.498.422 miles de euros aos 1.252.289 actuais”.
Para o sindicato “se no 2011 falábase de 1.092.872 beneficiarios estimados, resulta curioso como os orzamentos para o 2016 non establecen a cifra de beneficiarios globais estimados, pero é que nin tan sequera prevé a cuantificación dos beneficiarios correspondentes ao nivel moderado”. Pero UGT, para o 2016, e facendo unha estimación da traxectoria constante de persoas beneficiarias do sistema estima que se situará na contorna dos 745.000 beneficiarios, máis os 300.000 (15.096 en Galicia) dependentes moderados que a priori se deben incorporar ao sistema, máis os case 131.000 (12.426 en Galicia) beneficiarios que se atopan en lista de espera.
Así, deducen que “os actuais orzamentos continúan a mesma traxectoria que os anos precedentes, isto é, cumprir coa redución do déficit aínda que isto supoña unha perda de dereitos sociais que en ningún momento se pretende reparar. Estes orzamentos supoñen unha consolidación de recortes sociais que sufriu a lei, en lugar de incrementar cada ano a intensidade, á vez que finalizar a implantación e a consolidación da mesma, asístese a un afianzamento de modificacións que quebrantan a lei e a ruptura do sistema. Catro anos máis que se perderon polo camiño”.
As contías presupostadas durante estes últimos catro nos son claramente insuficientes para atender ás persoas que se atopan no sistema para a dependencia, máxime neste exercicio que xa van formar parte do sistema os dependentes moderados. O único que busca é consolidar os recortes sucesivos á protección á dependencia e que supuxo unha redución nas contías a percibir polos beneficiarios, as intensidades da protección e un incremento no copagamento do beneficiario.
UGT INSTA Á CORRECCIÓN DO PRESUPOSTO 2016
Por todo isto, UGT demanda a modificación no trámite parlamentario das partidas do Proxecto de Presupostos 2016 do Estado para corrixir o déficit de atención ás persoas dependentes e a merma de postos de traballo e de retornos económicos que se derivarían dos mesmos. Ademais, o Sindicato pídelle á Xunta de Galicia que aposte por unha axenda social real e que a elaboración do seu Proxecto de Presupostos para o ano 2016 se faga con criterios de suficiencia financeira da cobertura de servizos e prestacións en materia de dependencia aos que teñen dereito os galegos e galegas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180