Mos
Hoxe abre o prazo de inscrición dunha excursión para maiores a Oporto
A viaxe realizarase os días 26 e 27 de setembro
![[Img #19864]](upload/img/periodico/img_19864.jpg)
A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzóm informa sobre unha excursión a Oporto para a terceira idade cuxo prazo de inscrición abrirase hoxe.
A viaxe, que inclúe tamén unha travesía en barco polo río Douro, levarase a cabo os días 26 e 27 de setembro.
Con esta iniciativa dende o departamento municipal de Participación Cidadá preténdese seguir cumprindo coas necesidades que chegan ao mesmo dun dos colectivos con maior amplitude veciñal, o colectivo dos maiores. Otro dos obxectivos desta excursión é facilitar a posibilidade de viaxar ós habitantes do Concello de Mos.
Son destinatarios da viaxe todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. Non é preciso que os cónxuxes ou parellas de feito que estean inscritos no Rexistro, cumpran os requisitos. No caso de existir vacantes poderán participar os maiores de 55 anos que non desenvolvan actividade laboral e as persoas non empadroadas en Mos. Os fillos/as discapacitados/as poden acompañar ós seus pais.
Para participar nesta actividade as persoas interesadas deberán apuntarse no Rexistro do Concello, facéndoo de maneira presencial para asinar a solicitude. O prazo de inscrición permanecerá aberto a ta o vindeiro 16 de setembro. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello.
O día 17 de setembro farase pública a lista de admitidos/as.
Durante a excursión e antes de chegar a Oporto visitarase Braga. O custe da mesma para cada participante será de 115 euros cun suplemento de 25 euros en caso de desexar habitación individual.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208