Mos
Nun so día producíronse tres accidentes con dous feridos na estrada Mos - Puxeiros
Esta tramo da estrada PO 2601 é o escenario de numerosos accidentes, algúns con feridos de consideración.
Inda que os datos trascenderon hoxe, durante o pasado xoves a estrada Mos – Puxeiros (PO2601) rexistraba tres accidentes de tráfico nos cales resultaban feridas de diversa consideración dúas persoas.
No primeiro suceso dous vehículos colidiron frontalmente, cando circulaban pola estrada que une Mos con Puxeiros, á altura do punto quilométrico 4, na parroquia de Dornelas. Os membros do grupo local de emerxencias informaron de que dúas persoas resultaran feridas e foran trasladadas a un centro hospitalario de referencia. Tras recibir a alerta dun particular, o 112 Galicia solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do persoal de Protección Civil de Mos.
O accidente tivo lugar ao fío das 14:00 horas do pasado xoves nunha coñecida e perigosa curva na que se teñen producido numerosos accidentes o últipo ocurría fai tres semanas cando dous turismos colidiron na mesma curva. Como consecuencia do impacto, tres persoas tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios de urxencia. Ademais, os vehículos quedaron atravesados na vía, o que impediu a circulación por esa zona, polo que foi preciso cortar a estrada.
![[Img #19866]](upload/img/periodico/img_19866.jpg)
Ademáis durante o pasado xoves rexistrábanse outros dous accidentes de tráfico noutros dous puntos quilométricos distintos da mencionada vía. Como resultado destes sinitros non houbo que lamentar feridas inda que si danos materiais ós veículos.
Problemas de seguridade
A estrada PO 2601 carece na práctica totalidade de beirarúas e é o escenario de numerosos accidentes, algúns con feridos de consideración. Para os veciños as numerosas curvas do trazado, a deficiente sinalización vial e a falla de limpeza ocasionan problemas de seguridade neste vial, que é un dos de máis afluencia de tráfico da localidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208