Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 15 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Movemento Salceda lamenta “a alianza de PP e PSOE para entorpecer o traballo municipal”

[Img #19869]

 

O Equipo de Goberno de Salceda de Caselas lamenta a través dun comunicado de prensa “a actitude amosada por PP e PSOE no Pleno extraordinario -celebrado onte día 14-, cando alegando un suposto fallo administrativo que foi aclarado polo Interventor e o Secretario Municipal no mesmo Pleno, forzaron a supresión do punto relativo a un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que iba permitir cobrar a case un centenar de proveedores, entre eles varios servizos contratados pola anterior Concelleira socialista, Marina Cabaleiro, que agora terán que esperar cando menos ata o vindeiro Pleno para poder continuar coa tramitación das súas facturas”.

 

 

Para o goberno local "non é de recibo estar cobrando por asistir a unha Comisión Informativa na que non se amosa ningún tipo de dúbida sobre o tema e logo plantexalas no Pleno"

 

 

Lembran dende Movemento Salceda que “as Comisións Informativas que se celebran antes dos Plenos, ás que acuden PP e PSOE percibindo as correspondentes retribucións por elo, son precisamente para aclarar dúbidas e presentar as correspondentes matizacións, para chegar así ao Pleno cos temas xa traballados” aseguran que  “non é de recibo estar cobrando por asistir a unha Comisión Informativa na que non se amosa ningún tipo de dúbida sobre o tema e logo plantexalas no Pleno. Para iso están as Comisións, e para iso os representantes de PP e PSOE cobraron por asistir a ela”.

 

Para Movemento Salceda “o caso faise máis esperpéntico, se cabe, tendo en conta que as mesmas Concelleiras do PSOE se alían ao PP deixando así sen cobrar a moitos proveedores que realizaron os seus traballos para as áreas que dirixía a Concelleira socialista na anterior lexislatura. O Recoñecemento Extraxudicial de Crédito ten como obxectivo dotar de crédito as facturas pendentes de 2014, que agora terán que esperar ata a vindeira ocasión en que se presente o punto nun Pleno”.  

 

Jose Luis González, Concelleiro de Facenda declaraba que  “lamentamos profundamente a actitude irresponsable do PP e do PSOE, que ignorando as explicacións ofrecidas polo Secretario e o Interventor Municipal, prefiren impoñer os seus criterios deixando así pendentes de cobro a moitos proveedores”.

Pola súa banda Marcos Besada, Alcalde de Salceda adseguraba que “PP e PSOE veñen de demostrar unha vez máis que para eles a prioridade será entorpecer o traballo do Goberno Municipal, sen importarlles que os perxudicados sexan, como neste caso, os proveedores que viven do seu traballo”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.