Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 17 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O PP de Salceda di que o goberno local é un “mal xestor” por “gastar o que non ten”

No pleno do pasado venres deixouse sobre a mesa a aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito "ao non especificarse de qué partida procederían os cartos para pagar facturas de 2014" por importe de case 70.000 euros

[Img #19870]

 

O Partido Popular de Salceda de Caselas vén de pedir que se retirase un dos puntos que incluía a orde do día do pleno celebrado o pasado venres, solicitude que saíu adiante cos votos das dúas concelleiras socialistas.

 

Tratábase da aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 69.246,90 euros para pagar facturas de 2014, o terceiro con cargo ao orzamento deste ano a pesar de non existir e aínda traballar co prorrogado de 2014. “E é que o expediente estaba incompleto, non constaba o informe no que se expón de qué partida se saca o diñeiro para pagar esas facturas”, subliña o presidente local do PP e concelleiro, Santiago Rodríguez Davila.

 

 

Para o PP “a causa desta situación é a confección dun orzamento irreal no que a previsión de ingresos nunca se cumpre”

 

 

Deste xeito, “xa son máis de 330.000 euros o montante total de facturas recoñecidas este ano pero con data do ano pasado, importe que haberá telo en conta xa no vindeiro orzamento. Unha estratexia que emprega o Goberno local para encubrir a súa mala xestión e logo presumir de superávit, cando en realidade sucede todo o contrario, arrastrándose unha débeda de máis de 4 millóns de euros”, sinala Rodríguez Davila.

 

“A explicación de todo isto está en que deseñan un orzamento totalmente irreal, contemplando uns ingresos que nunca se alcanzan, facendo unhas previsións de IBI e demais impostos que non se cumpren, e por tanto logo non poden compensar os gastos, o que provoca que logo haxa que andar aprobando estes créditos por andar gastando o que non se ten” asegura o concelleiro popular.

 

“Os populares non son os culpables de que os empresarios ou autónomos que emitiron esas facturas pendentes de pagar, con data de 2014, aínda non cobrasen, os únicos culpables son o alcalde e os seus concelleiros que falsean as contas e inflan un orzamento que ben saben non é real e contratan o que non poden pagar” remata.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.