Mos
Os socialistas de Mos piden a Pastor explicacións polas retencións na autovía A-55
O PSOE de Mos ven de emitir un comunicado no que critican o “retaso nas labores de restitución do tráfico nun dos tramos negros mais perigosos do estado”.
Os socialistas din que “a ministra antes das eleccións veu vender motos ós veciños ca panacea de unhas obras de reforma da A-55, que seis meses despois seguen sen dar comezo”, afirma o voceiro local Alfonso Parada. “A desaprobación dunha nova autovía co que os veciños viamos desaparecer un novo corte do concello en cachos, e a promesa de que a alternativa sería un túnel de unhas características que requirirán máis inversión ca dos tramos que faltan de AVE a Vigo non son suficientes, se as obras xa estivesen rematadas, problemas como o de hoxe seguiría estando aí, os parches non baixan a densidade do tráfico no tramo de Mos” explican.
Os socialistas esixen que o actual tramo de autopista Vigo – O Porriño, que se encontra en fase piloto de rebaixa do custe da peaxe para vehículos pesados, “debe ser totalmente gratuíto, para toda clase de vehículos, hai que paliar o incremento nos kilómetros incentivando os usuarios, non asustándoos, cremos que a gratuidade do tramo de autopista aliviará parte da densidade de trafico da a-55, ó converterse na primeira gran circunvalación de Mos”.
“Ninguén apostaba un duro pola VG-20 como vial que amortiguase o trafico na Avda. De Madrid, e os datos están aí. Alta densidade desviada e as rúas de Vigo sen ser un embude”, afirma Parada. “O goberno de Mos tívonos ó lado para apoiar a aportar na reforma ós partidos da oposición, pero virarémoslle as costas a seguir consentindo estas situacións”.
“A recente sinalización como tramo con alto índice de sinistros, a activación dos cinco radares do tramo de Mos, a colocación de sinais luminosos nas curvas con maior índice de perigosidade non reducen nin o índice nin a gravidade dos sinistros” asegura.
“A nosa prioridade pasa pola gratuidade do tramo da AP-9 para facilitar o tráfico intermunicipal, e a creación dun trazado de viais alternativos para que os veciños poidan prescindir de entrar na A-55 para saír 300 metros despois para algo tan simple como ir ó centro de saúde. Ollo, non estamos propondo grandes e custosa obras, a gran parte de ese trazado xa existe, tan so hai que acondicionalo e artellalo para sacar ós veciños de Mos da autovía”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170