O Porriño
Mais de 180 nenos participaron no campamento de verán “Veciñeando con V”
O campamento urbano de verán “Veciñeando con V” organizado polo Concello do Porriño foi clausurado pola concelleira de Asuntos Sociais, Soledad Girón. O campus 2015 bateu record de asistencia: máis de 180 nenos participaron nas múltiples actividades organizadas.
A concelleira de Asuntos Sociais , Soledad Girón, acompañada polo concelleiro de Parques e Xardíns, Orlando Márquez, clausurou o campamento urbano de verán “Veciñeando con V”, organizado polo Concello do Porriño.
O campus alcanzou este ano a súa cuarta edición con record de asistencia: máis de 180 nenos de entre 5 e 12 anos participaron nas múltiples actividades programadas durante o mes de xullo e a primeira quincena de agosto. “Este ano por primeira vez permitimos a inscripción semanal e ademáis ampliamos o campamento ao mes de agosto. Foi un éxito rotundo”, destacou Soledad Girón.
O obxectivo do campamento é ofrecer ao nenos “un espazo para desfrutar das súas vacacións de verán ao mesmo tempo que aprenden e socializan con outros nenos”, sinala a concelleira de Asuntos Sociais. O programa do campus incluíu actividades deportivas e xogos educativos, nos que non faltaron xogos tradicionais: a oca, tres en raia ou a rana; e manualidades con materiais reciclados.
Na organización do campamento de verán colaboran as escolas deportivas de tenis, balonman e baloncesto, e o Centro Cultural do Porriño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155