Ponteareas
Inmaculate Fools actuará en Ponteareas no mes de setembro
As entradas xa se poden adquirir por un prezo de 5 euros
![[Img #19903]](upload/img/periodico/img_19903.jpg)
O mítico grupo Inmaculate Fools actuará o vindeiro sábado, 19 de setembro, no Parque da Feira Vella, en Ponteareas. O mítico grupo británico vén de reconstruírse despois de 18 anos e atópase en plena xira de concertos por España e outros países como Italia, Alemania e Portugal.
A renovada banda, liderada por Kevin Weatherhill e completada por outros membros como Adam Fuest, Linda Pamb e Phil Redfox, está vivindo un ano 2015 pleno de recordos, no que o éxito acadado nas décadas dos 80 e 90 xa reapareceu en ateigados concertos ofrecidos en cidades como Madrid ou Barcelona.
A presentación do concerto tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello e contou coa presenza do alcalde ponteareán, Xosé Represas, da concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, e dun colaborador na organizazción do concerto, Lito Caballero
Tanto a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, como o alcalde ponteareán, Xosé Represas, salientaron durante a presentación “a oportunidade de escoitar en vivo a un grupo con repercusión internacional polo módico prezo de 5 euros, mentres noutras cidades custa até 30 euros gozar do mesmo concerto”.
O espectáculo dará comezo ás 21:00 horas coa actuación do grupo Mínima Son e de Gonzalo Acra. Inmaculate Fools empezará o seu concerto contra as 23:00 horas.
As entradas xa se poden adquirir por 5 euros a través dunha coñecida web. Se non se esgotan antes, será posible compralas no portelo de entradas o propio día do concerto por un prezo de 8 euros.
A organización deste evento corre a cargo da concellería de Cultura de Concello de Ponteareas, a cal agarda cubrir o custo do mesmo grazas á venda das mencionadas entradas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101