Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 18 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

O aparcadoiro do hospital Álvaro Cunqueiro comeza hoxe a cobrar 1,86 euros hora

[Img #19909]

A partires de hoxe, martes 18 de agosto, procederase ao inicio do cobro do aparcadoiro no novo hospital público Álvaro Cunqueiro. Este pago será, provisionalmente, só para a quenda de mañá. En quenda de tarde o aparcadoiro efectuará cobros unha vez que estean en funcionamento as vindeiras liñas de autobús.

 

Namentres, o aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro estase a axustar ao cronograma de inicio de operación das liñas de autobús xa anunciadas, que conectarán o edificio sanitario coa poboación á que dá servizo.

 

Polo tanto, a partires das 16 horas non se cobrará o aparcadoiro, ata unha nova notificación por parte da sociedade concesionaria do hospital, que hoxe mesmo está a instalar os carteis informativos nas diferentes áreas de acceso. O prezo da primeira hora no aparcadoiro será de 1,86 euros, e existe a posibilidade de adquirir abonos de 5 e 10 días, e mesmo mensuais, que xa se poden xestionar na oficina do aparcadoiro.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.