Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A Policía Local imputa a catro condutores por delitos contra a seguridade nas estradas

As detencións prodúcense no marco da campaña de control de alcoholemia que desenvolve a DGT (Dirección General de Tráfico)

A Policía Local de Ponteareas realizou máis de 100 probas durante a pasada fin de semana, no marco da campaña de control alcoholemia impulsado pola Dirección General de Tráfico (DGT) e no que o Concello de Ponteareas colabora de maneira activa co obxectivo de garantir a seguridade nas vías do municipio.

 

O exercicio destas inspeccións saldouse coa imputación de 4 condutores por delitos contra a seguridade nas estradas. Tres deles foron citados para un xuízo rápido onte martes, 18 de agosto, e outro tentou fuxir, sendo localizado ao día seguinte.

 

Este condutor, veciño de Ponteareas, deu en primeira instancia os datos do seu irmán para poder evitar a multa e, no intervalo entre a primeira e a segunda proba, subiu de novo ao coche e fuxiu do lugar onde os axentes lle estaban realizando o control. Finalmente, os propios axentes localizaron o vehículo que este condutor usara esa noite e tamén a súa identidade real, polo que se lle imputará un delito de usurpación de identidade e outro por negarse a realizar as probas de alcoholemia.

 

A Policía Local interceptou tamén durante a pasada fin de semana a dous condutores que cuadriplicaban a taxa máxima permitida de 0,25 mg/l. Estas persoas terán que enfrontarse a unha retirada do permiso de condución durante un período de tempo que pode oscilar entre 1 e 4 anos.

 

Por último, os axentes locais pararon a un condutor que se negou, de maneira indirecta, a facer as probas de alcoholemia alegando que tiña asma. Esta persoa interrompeu o control en varias ocasións a pesar de que as autoridades lle indicaron o xeito de realizalo sen necesidade de insuflar ningún volume de aire, polo que se procedeu a imputalo por negarse a realizar a proba.

 

Dende a concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá, dirixida por Vanesa Fernández, explican que “existe o firme compromiso de continuar con este tipo de controis co propósito de acadar a máxima seguranza posible nas estradas da vila ponteareá”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.