Mos
Durante os vindeiros días rematarán as obras en As Rans
O pasado mes de xullo iniciábanse as obras de reposición do firme das beirarrúas e dun novo muro de contención na zona de Rans, na parroquia de Tameiga, e hoxe membros do equipo de goberno local mosense supervisaron os traballos, que marchan a bo ritmo e está previsto que queden rematados nun prazo aproximado dunha semana. Concretamente visitaron esta mañá A Rans, o concelleiro de Vías e Obras de Mos, Luis Alonso, e os tamén edís mosenses Camilo Augusto e Cándido Pérez.
As obras de mellora supoñen un investimento de preto de 45.000 euros.
Esta importante mellora da humanización da transitada zona da parroquia de Tameiga realízase ao abeiro dun convenio asinado o pasado 20 de maio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Mos. As obras de mellora supoñen un investimento de preto de 45.000 euros.
Os traballos consisten nunha rehabilitación superficial do firme nunha lonxitude total do viario de 713 metros, especialmente no noiro de enlace coa A-55 e, dita actuación, abarca un tramo duns 41 metros da rúa Rans, que comunica coa autovía A-55 nos seus dos extremos. Coma obras complementarias inclúense a ordenación do citado noiro e a sinalización horizontal e vertical.
O viario presentaba desgaste da capa de rodadura, falta de capacidade estrutural, gretas na superficie do pavimento e deformacións no perfil transversal por afundimento o longo das rodadas, polo que era necesario demoler o muro existente que non se atopaba en condicións, polo que se definiu unha nova tipoloxía de muro de gravidade de bloques de pedra, máis acorde co entorno cunha altura aproximada de 3 metros e una lonxitude total de 41 m.
Así mesmo, demoleuse a beirarrúa existente e parte do firme para aparcamento para que se sanee o trasdós do muro con material axeitado e debidamente compactado, inclúese tamén a reposición de firmes, pavimentos, postes de electricidade e iluminación, así como a sinalización horizontal e vertical.
A Consellería de Medio Ambiente leva a cabo a contratación, execución e dirección das obras e, pola súa parte, o Concello de Mos, puxo á disposición os terreos necesarios para realizar a intervención; foi o encargado de redactar os documentos técnicos que definiron as obras que se están a executar e, unha vez finalizadas estas, será o responsable da súa explotación e conservación.
Este acordo inclúese no marco do Plan Hurbe, que ten como principal finalidade promover a humanización das vilas e cidades galegas, dotándoas dos equipamentos precisos para un maior benestar dos seus veciños.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208