Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 20 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

A Socialista Ángela Ledo toma posesión da súa acta de concelleira

[Img #19924]Ángela Ledo Souto tomou posesión da súa acta de concelleira no pleno celebrado o pasado día 14, devolvendo deste xeito “o peso representativo do partido socialista que lle outorgou o pobo de Salceda nas pasadas eleccións municipais”.

 

Verónica Tourón, secretaria xeral e portavoz socialista na corporación local, asume e acepta “as críticas pola incapacidade do grupo socialista de Salceda de exercer no último pleno como a oposición que se merece Salceda: a decisión absolutamente persoal e inoportuna de dimitir dun concelleiro socialista provocou que o goberno actual votara man da ocasión para aprobar as adicacións e soldos en minoría, e elo en contra da vontade dos partidos da oposición e co voto de calidade do Sr. Alcalde, que era coñecedor de que non ía a poder contar co consenso dos demais grupos. É esta unha forma de proceder que as e os socialistas sempre consideraron antidemocrático, aínda que asumen esta situación sen por elo renunciar, por suposto, á súa vocación de servizo e ós seus compromisos coa cidadanía de Salceda”.

 

A executiva do partido socialista de Salceda de Caselas quere sinalar que “a pesar de que outras forzas políticas se están esforzando en mostrar unha crise interna na agrupación local do PSdeG-PSOE, nada hai máis lonxe da realidade. Polo tanto que ninguén teña a menor dúbida de que as e os socialistas de Salceda, que saben encarar os problemas, propios e alleos, de cara e coa cabeza moi alta, están máis unidos que nunca e teñen maior convicción e gañas de traballar que nunca. Por iso, os veciños e veciñas poden ter a absoluta certeza de que o partido socialista estará o 100% durante toda a lexislatura para defender os intereses das e dos salcedenses, e actuar de forma responsable na oposición loitando en contra das desigualdades e apoiando todo aquilo que reverta no benestar dos veciños e veciñas. A agrupación socialista de Salceda ten un só rostro e será sempre fiel, ignorando calesquera outros compromisos, á palabra que lle deu á cidadanía de Salceda”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.