GALICIA
Sanidade crea a Axencia do Coñecemento en Saúde malia a oposición sindical e sen o ditame do Consello Consultivo
A consellaría de Sanidade publica hoxe o Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos. A CIG-Saúde denuncia máis unha vez que “non responde nin ás necesidades da investigación biomédica nin ao coñecemento en saúde”. Lembra que foi rexeitada por unanimidade das organizacións sindicais tanto na Mesa Sectorial do SERGAS,en novembro de 2014, como na Mesa Xeral de Negociación das/os Empregadas/os Públicas/os (en xuño de 2015); que non atende ás demandas de investigadores/as do programa Miguel Servet e que nin sequera foi ditaminado polo Consello Consultivo.
A CIG-Saúde, vén denunciando, desde que coñeceu a proposta de creación desta Axencia, o seu contido, solicitando a súa paralización e demandando que se xeren as políticas necesarias para o afianzamento do coñecemento científico dentro do sistema público e en Galiza. Por iso hoxe, coincidindo coa publicación no DOG do Decreto 112/2015 reitera as súas denuncias e manifesta que coa creación deste ente a consellaría de Sanidade “desprestixia o coñecemento en saúde e a investigación biomédica”.
Asegura que non responde a un interese da Administración en dar cumprimento á Lei de Saúde de Galiza de 2008, que no seu título IX contempla a creación do Instituto Galego de Investigación sanitaria para fomentar a investigación biomédica nas ciencias da saúde no Sistema Público de Saúde.
Tampouco pretende dar continuidade ao acordado na III Conferencia de Presidentes autonómicos, celebrada o 11 de xaneiro de 2007, coa vontade de avanzar no I+D+i, e aumentar a estabilidade das/os investigadoras/es excelentes da sanidade pública.
Pola contra, denuncia que “o persoal investigador é o gran ausente desta axencia. A axencia despreza ao colectivo que engade valor a este ente”.
Non garante a titularidade pública
Considera que o texto “non garante que a titularidade sexa integramente pública” e asegura que no que respecta ao persoal directivo, “só pretende crear prazas con contrato de alta dirección fóra do sistema público; polo que no seu articulado non se regulan os requisitos dos postos, nin a necesidade de acreditar titulación (sanitaria ou non sanitaria) solvencia académica técnica ou científica”.
Denuncia que non existe ningunha relación entre as tarefas a realizar como directoras/es de área co requisito de titulación e currículo técnico científico. “Se aplicamos os criterios de selección recollidos neste documento á designación de xefes de servizo das unidades asistenciais, atopariámonos con que a/o xefa/e de servizo dunha unidade (cardioloxía, neuroloxía...) podería ser a/o auxiliar administrativo do servizo que tivese un grao, e non unha/un facultativa/o do servizo”, asegura e engade que “o mesmo ocorrería co/a director/a de xestión económica o co/a director/a de RRHH”.
Entende que se a Consellaría de Sanidade tivese a intención de crear unha axencia pública e de calidade que dese resposta á investigación biomédica, e que consolidase os postos do persoal investigador como estatutario e con garantía de futuro, “publicaría uns criterios de selección do persoal directivo que permitisen captar as/os profesionais máis cualificados. E negociaría na Mesa Sectorial de Sanidade a consolidación do persoal investigador”.
Subliña que na Sanidade Pública Galega, nos institutos de investigación biomédica dos complexos hospitalarios da Coruña, Vigo e Compostela, así coma na universidade pública galega, en xeral no mundo da asistencia sanitaria e da ciencia e investigación, existen profesionais altamente cualificados, para desempeñar os postos de dirección da axencia e das súas áreas.
Consello Consultivo
A CIG-Saúde solicitou en reiteradas ocasións que o texto do decreto publicado hoxe fose remitido, para o seu ditame, ao Consello Consultivo. Lembra que con data de 8 de maio de 2015 este organismo informaba de que o decreto non tivera entrada. Por iso o pasado mes de xuño a central sindical volvía solicitar o ditame previo do Consello. Porén, a día de hoxe, “non temos constancia de que se chegara a tramitar a solicitude de ditame e, cando menos, este nin foi presentado ás partes implicadas, nin aparece publicado no web do organismo”, denuncia.
Para a CIG-Saúde é especialmente grave que a consellaría tampouco atendera ás demandas do colectivo de investigadores/as do programa Miguel Servet, que mesmo chegaron a remitir un escrito dirixido ao Xerente Xeral do SERGAS no que se evidenciaba, por unha banda, “a falta de controis” para evitar que a Axencia do Coñecemento funcionara como un “chiringuito” e, pola outra, a ruptura do compromiso de utilizar este ente “para estabilizar as e os investigadores que están no SERGAS”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103