Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 21 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Tui renova e amplía o número de contedores de vidro

[Img #19934]A Concellería de Medio Ambiente informou que na última semana procedeuse a renovación dos contedores de reciclado de vidro situados no centro de Tui, ademais de aumentar o número dos mesmos ata un total de oito unidades, xa que situouse un destes contedores na Praza de Galicia. O mesmo tempo informa que vaise proceder a limpeza e renovación dos contedores retirados , para mais tarde situalos en distintos puntos do rural do concello

 

Dende o Concello aseguran que “a  empresa encargada do mantemento destes colectores , nunca os renovara en Tui, sendo a primeira vez en doce anos que se solicita o cambio dos mesmos”.

 

O mesmo tempo esta empresa realizou unha enquisa entre unha serie locais de hostalaría do casco urbano co fin de ofrecer a posibilidade de entregar uns cubos para trasladar o vidro ata o colector, estes cubos acóplanse a un sistema de baleirado co que están dotados algúns dos novos contedores, facilitando a labor da introdución dos envases de vidro no mesmo. Os locais que o solicitaron entregáronselle estes cubos, sendo un total de 36 os que se puxeron a dispor dos hostaleiros de Tui

 

Desde a Concellería informan que se esta a proceder o estudo da  situación do resto dos contedores de reciclaxe, os de plástico e os de cartón e papel , para coñecer o estado no que se atopan e tentar proceder tamén a súa renovación e a ampliación das unidades situadas nas rúas de Tui. Para este fin se teñen solicitado a Consellería de Medio Ambiente cen novas unidades de colectores de reciclado, tanto de papel coma de envases, que agardan que estean dispoñibles a principios do próximo ano. Asemade estanse a redactar as bases para a licitación do servizo de recollida para reciclaxe, para poder sacalas a concurso no menor tempo posible.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.