Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 22 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Esquerda Unida en contra da privatización da limpeza dos centros de ensino público

Dende Esquerda Unida, lamentan a decisión do goberno municipal de Ponteareas, da privatización da limpeza dos centros de ensino público, á que amosan a súa oposición.

 

Dende EU aseguran que “o  Goberno Municipal de Ponteareas, composto por BNG, PSOE e ARDT, acordou continuar coa privatización do servizo de limpeza dos colexios Nosa Señora dos Remedios e Fermín Bouza Brey iniciada polo anterior goberno do PP. O novo contrato, que está en proceso de adxudicación, terá un custe de 10.679 euros ao mes e corresponderá aos cursos escolares 2015-2016 e 2016-2017 e o seu importe total será de 176.512, 40 euros”.

 

Para Esquerda Unidad “a xestión directa dos servizos municipais, debería ser un dos obxectivos de partidos que como o BNG, o PSOE ou ARDT, autodenomínanse de esquerdas. Mais esta non parece ser a intención destes partidos, xa que non satisfeitos con ampliar a externalización do servizo un ano máis -o que poderíamos chegar a entender por dificultades organizativas- estenden o contrato a dous anos”.

 

Dende Esquerda Unida, lamentan “esta decisión do goberno municipal de Ponteareas, á que nos opoñemos totalmente. A tarefa de limpeza destes colexios, podería ser perfectamente asumida e realizada por persoal municipal sen necesidade de gastar cartos do concello para pagarlle os beneficios a unha empresa privada. Non é coherente manter durante anos, como levan feito tanto o BNG  coma o PSOE, a crítica ao goberno anterior de que o persoal do concello estaba sobredimensionado, e ao mesmo tempo, non utilizar este persoal municipal para realizar esta tarefa”.

 

Situación económica

 

Pola súa banda o goberno municipal asegura que a falta de persoal municipal que poida asumir os traballos de limpeza nos citados centros de ensino,fixo preciso adoptar medidas de urxencia que garantiran a prestación deste servizo e que non prexudicaran a actividade educativa dos colexios.

 

Engaden que a situación económica do Concello limita moito a capacidade do concello para contratar traballadores que poidan desenvolver este tipo de funcións.

 

O executivo local engade que non quere polemizar cunha formación que, ao igual que acontece coas forzas que forman o goberno, defende a calidade dos servizos públicos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.