Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Catro persoas sufriron queimaduras tras producirse a deflagración dun barco no Porto Deportivo de Sanxenxo

[Img #19938]

Catro persoas tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios a causa das queimaduras provocadas pola deflagración dun barco que repostaba na gasolineira do Porto Deportivo de Sanxenxo. As persoas resultaron feridas de gravidade, segundo indicou o persoal de Urxencias Médicas, que, ademais, solicitou a intervención do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

 

Na aeronave trasladarán á Unidade de Queimados da Coruña ó ferido máis grave. Os outros tres serán evacuados en ambulancia ó Hospital de Montecelo, en Pontevedra. Pola súa banda, os membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo se encargaron de sufocar o lume producido tras a deflagración, agora totalmente extinguido.

 

Debido a que o barco estaba a repostar na gasolineira do porto cando esbourou, verteuse algo de gasóleo no mar, que, nestes intres, o persoal de Portos de Galicia trata de limpar. Foi un particular quen pediu axuda ó CAE 112 Galicia arredor das 17:40 horas de hoxe. A partir dese momento, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Médicas, Policía Local, Garda Civil, Bombeiros do Salnés, Servizo Municipal de Emerxencias, Portos de Galicia, Servizo de Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.