MUNDO EMPRESA
As Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía inician a súa fusión nunha soa
A Dirección Xeral de Comercio trasladará no mes de setembro ao Consello da Xunta a proposta de creación da nova Cámara resultante da unión dos tres organismos
A fusión das Cámaras de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, avanza de xeito que está previsto que a Consellería de Economía e Industria traslade no mes de setembro ao Consello da Xunta a proposta de creación da nova Cámara resultante da unión destes tres organismos.
Neste sentido, a Dirección Xeral de Comercio vén de autorizar a participación na nova entidade das cámaras de Vigo e Vilagarcía de Arousa, e está tramitando xa a inclusión de Pontevedra. O proceso culminará nunha resolución común de fusión dos tres organismos por parte do Consello da Xunta, que deberá aprobar o decreto de creación da cámara resultante.
Dende o goberno galego sinalan nun comunicado de prensa que “a nova alianza permitirá sumar esforzos e aproveitar sinerxías, contribuíndo de forma máis eficaz á dinamización empresarial e económica da provincia de Pontevedra, que contará así cunha cámara de comercio máis forte para defender os intereses do tecido empresarial da súa demarcación, asegurando e mellorando a prestación de servizos, o que redundará no beneficio das empresas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213