Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 21 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ponteareas retirará os postos de venda ambulante que non cumpran a normativa

A concellería de Comercio vixiará que en todos os postos estean, ben a persoa titular, ben a persoa suplente, que figuran na licenza municipal

O Concello de Ponteareas, a través da concellería de Comercio xestionada por Mario Lago e coa colaboración da concellería de Seguridade Cidadá dirixida por Vanesa Fernández, vixiará dende o vindeiro sábado, 22 de agosto, que todos os postos de venda ambulante cumpran coa ordenanza municipal vixente.

 

O goberno local, ademais de non permitir a instalación daquelas tendas que carezan do permiso municipal pertinente, será tamén inflexible con aqueles postos que, dispoñendo de licenza, non sexan xestionados por algunha das persoas especificadas na propia licenza a tal efecto. Neste senso, a concellería de Comercio permite que existan dúas persoas por cada posto habilitadas para dirixilo, unha titular e unha suplente.

 

No caso de que ningunha destas dúas persoas estea presente no seu posto correspondente, a Policía Local de Ponteareas obrigará a retirar esa instalación. Unha semana máis tarde, ese hipotético posto poderá ser instalado de novo, sempre e cando conte coa presenza dunha das dúas persoas especificadas no permiso municipal que lle dá dereito a exercer a venda ambulante no concello.

 

Outra das medidas que a concellería de Comercio quere aplicar, e que tamén está recollida na ordenanza municipal, está relacionada coa obriga de recoller todo material utilizado para instalar a tenda na vía pública. Nos próximos días, os vendedores ambulantes recibirán unha notificación na que se avisará da intención por parte deste executivo de que esta premisa se cumpra, de xeito que a rúa quede completamente limpa unha vez remate a feira e o resto dos veciños e das veciñas da vila non se vexan prexudicados.

 

Por último, e pensando máis no medio prazo, a concellería e Comercio e a concellería de Cultura, esta última xestionada por Hortensia Bautista, teñen a intención de colaborar para que a tradicional feira dos sábados estea acompañada de actuacións musicais na propia rúa que axuden a facer máis atractivo o mercado ambulante da vila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.