Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 20 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
O Rosal

Turismo de Galicia colaborará co Concello do Rosal para a sinalización da Ruta dos Muíños do Folón e do Picón

Instalaranse sinais informativas na rota destruída por un incendio

[Img #19950]O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello do Rosal para coñecer, en compaña do alcalde da localidade, Jesús María Fernández, o proxecto de sinalización do patrimonio arqueolóxico deste municipio.

 

Estes traballos executaranse a través das subvencións que acaba de aprobar a Axencia de Turismo de Galicia, o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural nos concellos galegos.

 

No caso do concello do Rosal, o orzamento global destes traballos suporá máis de 4.700 euros (IVE incluído), dos cales case 2.400 serán aportados a través destas axudas.

 

O proxecto municipal supón a instalación dunha nova sinalización na rota dos Muíños do Folón e do Picón, xa que parte dos antigos paneis informativos foron destruídos por un incendio en 2013. Os traballos están orientados a sinalar un total de 20 puntos intermedios da ruta no medio da natureza, que permitirán evitar a perda da homologación da Federación Galega de Montañismo.

 

Na comarca do Baixo Miño tamén se beneficiará o concello de Oia, facendo así un total, xunto a O Rosal, de 12.450 euros de investimento (incluíndo o IVE), dos cales, case 6.300 serán achegados a través desta liña de axudas. En concreto, en Oia levarase a cabo un proxecto de acondicionamento do acceso á ponte colgante de Acevedo, procedendo á súa pavimentación e á colocación de balizas solares luminosas e papeleiras por un total de 7.750 euros aproximadamente (incluíndo o IVE), dos cales, case 4.000 corresponderán ás axudas procedentes da administración autonómica.

 

Cores Tourís recordou que o obxecto destas axudas é o fomento da accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos no medio rural. “Deste xeito”, explicou o delegado territorial, “son obxecto destas axudas os accesos e sinalizacións a praias marítimas e fluviais, aos bens de interese cultural, así como aos espazos naturais como miradoiros e rotas de sendeirismo, sempre que non se atopen en Rede Natura ou vaian a ser financiados a través das obras do Plan Marco da Consellería do Medio Rural e do Mar”.

 

As actuacións que poden realizar os concellos e que son obxecto destas axudas poden ser a construción, ampliación e mellora de aparcamentos para o acceso a estes recursos; a pavimentacións de pasarelas, ramplas e a eliminación de barreiras arquitectónicas; a construción e rehabilitación das instalacións que contribúan a mellorar as instalacións que permitan a circulación de visitantes e a dotación de equipamentos e a sinalización con información visual e táctil.

 

Case 2 millóns de euros para toda Galicia.

 

O alcalde de O Rosal, pola súa banda, agradeceu ao delegado a súa presenza nesta localidade e destacou que grazas a esta subvención poderase mellorar a información relativa á rota dos Muiños do Folón e do Picón, “que é moi importante, tendo en conta que a rota foi destruída por un incendio fai dous anos”.

 

As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader, nun 75%, con fondos do Ministerio de Agricultura nun 12,13%, Alimentación e Medio Ambiente e un 12,87% de fondos propios da comunidade autónoma.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.