Provincia
A oficina de Turismo Rías Baixas recibe 3.000 visitantes máis que en 2014
As oficinas de turismo da provincia de Pontevedra recibiron, o pasado mes de xullo, 44.238 turistas, 8.070 máis que en xullo de 2014
A oficina de Turismo Rías Baixas, no Palacete das Mendoza, recibiu, ata o 31 de xullo de 2015, un total de 9.626 turistas, case 3.000 máis que durante todo o 2014. Outra oficina da Deputación de Pontevedra, a do castelo de Sobroso, supera, no que vai de ano, en 3.314 as visitas con respecto ó 2014 (14.612 en 2015 e 11.298 en 2014).
O punto de información turística da Deputación de Pontevedra no mosteiro da Armenteira, que se puxo en marcha en 2009, rexistrou, no que vai de ano, 12.176 persoas e, a falta de catro meses para que remate 2015, espera superar a cifra acadada en 2014, cando foi visitado por 14.176 persoas.
A remodelada oficina de Turismo Rías Baixas no aeroporto de Vigo, estreada no último trimestre de 2014, acadou, no que vai de 2015, un total de 4.345 visitas.
O punto de información turística de Combarro, tamén da institución provincial, que se puxo en marcha no último semestre de 2014, leva contabilizadas, no que vai de 2015, un total de 12.176 visitas.
A Deputación de Pontevedra conta, ademais, cunha oficina de turismo no castelo de Soutomaior, ata a que chegaron 8.051 persoas.
O 50,24 % dos turistas que visitan a provincia de Pontevedra son mulleres, mentres que o 49,76 % son homes, na súa maioría con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos (43,06 %) e superiores ós 60 anos (29,24 %). O 73,67 % dos visitantes non coñecen a provincia de Pontevedra e o 65,91 % son turistas nacionais e veñen ata a nosa provincia, maioritariamente, en coche (52,86 %), autobús (26,13 %) e avión (7,80 %).
Os turistas visitan a provincia durante sete días e alóxanse, en maior medida, en hoteis (42,64 %).
Entre os aspectos que motivan a elección da provincia de Pontevedra como destino turístico destacan a cultura (44,69 %) e a natureza (33,41 %), pero tamén o Camiño de Santiago, eventos, visita a familiares e gastronomía.
Pola súa banda, 65.000 persoas mostraron o seu interese nas Rías Baixas visitando a páxina www.turismoriasbaixas.com. Os 10 países que máis accederon á web foron, por orde de maior a menor número de visitas, España, Portugal, Francia, Alemaña, Arxentina, Estados Unidos, Reino Unido, México, Italia e Brasil. Dentro do noso país as comunidades autónomas que maior interese manifestaron nas Rías Baixas foron Galicia, Madrid, Cataluña, Andalucía, País Vasco, Castela e León, Valencia, Asturias, Castela a Mancha e Aragón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22