Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 22 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Gañamos asegura que o novo hospital “non satisface as necesidades sanitarias da área de Vigo”

[Img #19959]O grupo municipal Gañamos Asemblea Veciñal ven de presentar unha moción para que sexa debatida pola corporación no próximo pleno municipal, en relación coa apertura do novo Hospital Álvaro Cunqueiro, xa que, segundo aseguran, “dito Hospital non satisface as necesidades sanitarias da área de Vigo”.

 

Dende Gañamos explican que “o novo hospital abre con 845 camas, no Meixoeiro redúcense a 347 e no Nicolás Peña a 68, polo que disporemos de 1.260 camas, é dicir 744 camas menos das prometidas e anunciadas”.

 

“Pechan o Hospital Xeral, o Cíes, o Rebullón e os Centros de Especialidades de Coia e A Doblada, mantendo o concerto co hospital privado de Povisa” explican engadindo que “estas razóns sería suficientes para que a cidadanía, liderada polas súas corporacións municipais demandara da Xunta de Galicia a posta en marcha dun hospital 100% público, para a Área Sanitaria de Vigo, con tódolos servizos, incluído o Laboratorio Central, e coa capacidade e recursos materiais e humanos suficientes para dar resposta ás necesidades presentes e futuras da nosa área sanitaria”.

 

Ademáis, dende este grupo municipal, din que “por se fose pouco, a privatización do aparcadoiro do hospital que será utilizado pola inmensa maioría dos pacientes, familiares e traballadores; ante os déficits no transporte público, terá un alto custe para a poboación; desaparecendo, de feito, a gratuidade na asistencia que coma sempre afectará máis aos máis pobres coa conseguinte alarma social; polo que é preciso demandar das autoridades competentes no transporte, a adopción de medidas que permitan establecer unha rede de transporte público especifico ao Novo Hospital. Esta rede ten que garantir un sistema de transporte coordinado e intermodal, máis alá dos concellos onde residan os/as usuariaos/as, sexa na área metropolitana ou fóra dela”.

 

Así dende Gañamos instan “á Xunta de Goberno do Concello de Mos que adopte os seguintes acordos urxentes ante o previsible demora da celebración do Pleno: Apoiar activamente, como Goberno Municipal, a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do SERGAS e co apoio de SOS Sanidade Pública, que se celebrará o día 3 de setembro, data na que pechará o Hospital Xeral, ás 8 da tarde dende diante das urxencias do H. Xeral, na rúa Pizarro en Vigo. Facilitar e realizar a difusión desta manifestación cidadá, mesmo pondo transporte gratuíto que facilite a asistencia aos/ás mosenses que queiran acudir”.

 

Por último piden”xestionar coas autoridades competentes a mellora no transporte público ao novo hospital. claramente deficitario para tódolos/as mosenses e a redución do custe do aparcadoiro do hospital”.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.