Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 21 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Nigrán

O concello recupera mañá o derbi Nigrán C.F. - Racing Vilariño

O partido entre os dous equipos afeccionados de máxima categoría no municipio se celebra ás 19.30 horas no campo de Condomínguez

[Img #19961]

 

[Img #19960]

 

 

O Concello de Nigrán recuperar mañá sábado, tras máis de catro anos sen celebrarse, o IX Torneo Concello de Nigrán que enfronta aos dous equipos afeccionados en máxima categoría do municipio: o Nigrán C.F., recén ascendido a Primeira Rexional, e o Racing Vilariño, en Segunda Rexional e loitando na próxima tempada polo ascenso. O derbi terá lugar no campo de Condomínguez ás 19,30 horas sendo a entrada de balde. Ao finalizar haberá pinchos para os asistentes.

           

“É un orgullo para Nigrán ter dous clubes representando ao municipio nesas categorías e queremos potenciar esa relación entre equipos, que xa de por si é boa, cun torneo que dende a súa orixe une as dúas afeccións nun ambiente festivo”, explica Juan González, alcalde do municipio.

 

Nesta ocasión o encontro terá lugar no terreo de xogo do Nigrán C.F. (o campo municipal de Condomínguez, en Priegue) quedando o de San Pedro (Vilariño) para o ano próximo.

 

O Racing Vilariño naceu en 1962 da man de Jorge Souto, veciño de Vilariño e o seu primeiro presidente. Pouco a pouco foi  medrando ata contar actualmente con 12 equipos, dende a categoría babies (3 anos) ata senior afeccionado, formación que disputa o torneo e que leva tres tempadas consecutivas xogando en Segunda Rexional e loitando polo ascenso a primeira (categoría na que xa estiveron en diferentes ocasións). O clube presidido por Casto Moreda está formado por preto de 200 xogadores de tódalas idades (inclúe un equipo feminino) e 700 socios. Pola súa banda, o Nigrán C.F. xurdiu hai máis de 15 anos tras fusionarse o Dunas e o Priegue. Nos seus 12 primeiros anos ascendeu vertixinosamente de Terceira Rexional a Preferente e actualmente acaba de lograr o ascenso a Primeira Rexional. So conta co equipo de afeccionados senior tras acordar unha fusión de tódalas categorías base coa E.D.Val Miñor.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.