Salvaterra de Miño
III Serán de Alxén
Por terceiro ano consecutivo, celébrase en Alxén, Salvaterra de Miño, un serán con moita aceptación nos arredores. A data establecida é sempre o segundo sábado do mes de setembro, que este ano cadra no día 12.
Nesta festa colabora toda a parroquia aportando comida e bebida. Os veciños e veciñas acoden ao serán cunha torta, uns chourizos, uns ovos cocidos e viño, que doan de balde e que logo serán repartidos, tamén de balde, entre todos os asistententes ao longo da tarde noite. Os veciños que teñen algún tipo de negocio aportan un agasallo dos que se fan sorteos.
Este evento está organizado pola Asociación Cultural e Folclórica Os do Eido de Alxén, que conta cun grupo de baile, unha banda de gaitas e un grupo de pandereteiras e cantareiras que, por suposto, van actuar no serán abrindo e pechando as actuacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155