Mos
O PSOE de Mos denuncia actuacións incontroladas no castro de Guizán que poden "danalo xacemento de forma irrecuperable"
![[Img #19988]](upload/img/periodico/img_19988.jpg)
O voceiro socialista, Alfonso Parada, denuncia a “falla de autorizacións da dirección xeral de patrimonio para realizar calquera actuación, limpeza e moito menos movemento de terras no castro de Guizán e no seu ámbito de protección de 200 metros ó redor contados dende o punto máis exterior do castro”. O socialista denuncia que “é no interior do castro, situado en parcelas de monte particulares, hai evidencias de que se moveu ou arrastrou terra, e como mostran as imaxes adxuntas, quedaron ó descuberto restos de tella de orixe posiblemente romana”.
Pide as autoridades locais que tomen medidas urxentes, “xa que é a súa responsabilidade velar pola conservación do noso patrimonio, independentemente de quen sexa a súa titularidade”, di Parada, “o concello ten ademais a obriga de concienciar ós veciños da importancia de manter o noso patrimonio o máis intacto posible e dalo a coñecer a todos, estudosos e profanos, de seguro que moitos veciños descoñecen incluso a súa existencia e gran importancia”.
Recentemente a concelleira de medio ambiente visitaba as obras de rehabilitación dos muiños de Budiela, na parroquia de Pereiras, pero, lémbralle o edil socialista, que “nestes catro anos xa foron varios os programas da Deputación que pasaron polas mans da concelleira para facer traballos de limpeza e posta en valor de parte do noso patrimonio, rico etnográficamente, en construcións arquitectónicas e en xacementos arqueolóxicos”.
A posta en valor cara os veciños “restrínxese á iniciativa de particulares e estudosos que organizan rutas con gran acollida entre os veciños, que coñecen así o seu patrimonio e inciden na curiosidade que lles produce coñecer o seu significado, como a ruta dos petroglifos de Mos que leva a cabo a asociación da prehistoria, como as mámoas situadas no recinto do mercantil en Cela, o miliario romano de santiaguiño, o castro de Torroso, e como non, o gran esquecido, o castro de Guizán”.
Os socialistas aseguran que “a parroquía de Guizán, onde no seu día se construíu un enorme deposito de auga para dar abastecemento o concello dende o río Oitaven, danou seriamente un xacemento romano, en cuias obras apareceu multitude de material de época romana, hoxe depositado no museo de Pontevedra. O castro de Guizán, dista so uns poucos metros do mesmo e pode correr a mesma sorte”.
Engaden que “vítima durante anos do saqueo das pedras por parte dos veciños que descoñecían a súa importancia, hoxe permanece alleo a atención das autoridades locais, dándose incluso a circunstancia de que a concelleira de urbanismo e medio ambiente, Julia Loureiro, é da parroquia”.
O socialista insiste en que “as actuacións dos veciños son por mero descoñecemento da situación, o significado, o ámbito de protección e a area de cautela do mesmo” polo que esixen “que se reclame a presenza inmediata de técnicos da dirección xeral de patrimonio para a recollida e análise das mostras, que sexan estes quenes delimiten o seu perímetro e os protocolos a seguir antes de que o dano sexa irremediable”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121