Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 25 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Eva García anuncia medidas para revitalizar o mercadiño de San Benito

[Img #19991]A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, visitou esta mañá o mercadiño que se celebra os martes en San Benito, acompañada do concelleiro de Mercados, Orlando Márquez. “A visita forma parte do compromiso persoal de atender in situ as reivindicacións do colectivo de vendedores ambulantes do mercadiño”, explicou a rexidora.

 

“Queremos revitalizar o mercado con actividades de dinamización que estamos estudando”, anunciou Eva García de la Torre. “O noso obxectivo é facelo máis atractivo e que os usuarios acudan ao mercadiño porque lles da servizo e resposta a necesidades concretas”. Neste sentido, destacou a vontade do Concello “de apoiar e potenciar o mercadiño de San Benito”.

 

A alcaldesa reiterou ademais “o compromiso do Concello de facilitar a actividade dos vendedores ambulantes e de velar polo normal funcionamento do mercadiño. Queremos que a comunicación entre ambas partes sexa fluída e constante”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.