Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 25 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Goberno local e apicultores concretan medidas para loitar conta a avespa asiática

[Img #19999]A reunión convocada polo goberno municipal de Ponteareas, na tarde do pasado luns 24 agosto, para explicar aos apicultores e ao resto da veciñanza afectada pola avespa asiática cales son as medidas que dende o consistorio se porán en marcha de cara a minimizar os efectos destra praga, rexistrou unha gran afluencia de persoas.

 

Máis de 50 veciños e veciñas tiveron a oportunidade de coñecer máis polo miúdo o plan a seguir para combater os prexuízos que a presenza desta especie está causar nos sectores apícola e froiteiro. O alcalde ponteareán, acompañado dun técnico da Asociación Galega de Apicultura, da primeira tenente de alcalde, Chus Garrote, e dos edís de Medio Rural, Manuel Troncoso, e de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, detallou as medidas a tomar.

 

Así proporán  á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia que habilite un fondo para que o Concello de Ponteareas e outros municipios afectados poidan adquirir as ferramentas necesarias para eliminar os niños avespa asiática, de xeito que sexan as propias administracións locais, en colaboración co sector apícola, as que se encarguen de realizar este labor, sobre todo tendo en conta a ineficacia por parte de Tragsa, empresa contratada pola Xunta para desenvolver este tipo de traballos.

 

Tamén pedirán á Consellería que intensifique a distribución de trampas para colocar no vindeiro outono e na próxima primavera.

 

Doutra banda van solicitar á administración autonómica que poña medios suficientes, en colaboración con outros organismos, para desenvolver traballos de investigación nesta área, pois segundo a Asociación Galega de Apicultura, aínda se descoñecen moitos aspectos sobre o comportamento desta praga.

 

Outra das peticións será a de por en marcha cursos de formación nesta materia para o persoal do Corpo Municipal de Bombeiros e do voluntariado do Servizo de Protección Civil e Emerxencias.

 

Tamén se acordou repartir folletos entre a veciñanza nos que se informen dos perigos da presenza desta especie na comarca e dos pasos a seguir no caso de detectar algún niño de avespa asiática.

 

Por último pedirán  á Consellería de Medio Rural que realice unha declaración oficial da existencia dunha praga de avespa asiática nesta zona e noutras comarcas de Galicia especialmente afectadas, recoñecendo os grandes prexuízos económicos e medio ambientais que está provocando.

 

O goberno municipal asegura que ten o firme compromiso de “traballar conxuntamente para paliar as consecuencias desta praga e agarda que dende a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia exista a mesma vontade, pois é o único xeito de solucionar un problema que afecta a moitos veciños de moitos concellos de Galicia, entre eles o Concello de Ponteareas”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.