Mos
Medio Ambiente remata a reparación de beirarrúas e a construción dun muro de contención na parroquia de Tameiga, en Mos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de rematar as obras de reposición do firme de beirarrúas e a construción dun novo muro de contención na zona de Rans, na parroquia de Tameiga. Esta actuación, a cal recibiu un investimento de case 45.000 euros, realizouse en base a o convenio asinado entre a Xunta e o Concello de Mos no mes de maio.
O acordo inclúese no marco do Plan Hurbe, que ten como obxectivo promover a humanización das vilas e cidades galegas, dotándoas dos equipamentos precisos para un maior benestar dos seus veciños.
Os traballos consistiron nunha rehabilitación superficial do firme nunha lonxitude total do viario de 713 metros, especialmente no noiro de enlace coa A-55. En concreto, a obra realizada comprendeu un treito total de 41 metros da rúa Rans, que comunica coa autovía antes citada nos seus dous extremos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213