TURISMO & VIAJES
O Camiño de Santiago recibirá en novembro a acreditación de Embaixadores Honorarios da Marca España
Este novo recoñecemento súmase as numerosas distincións que avalan a importancia da Ruta Xacobea, entre as que destacan a declaración de Primeiro Itinerario Cultural Europeo, a declaración de Patrimonio de la Humanidad ou o Premio Príncipe de Asturias da Concordia, entre outras
A cerimonia de entrega das acreditacións da sexta promoción dos Embaixadores Honorarios da Marca España xa ten data, terá lugar o 12 de novembro na cidade de Madrid. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recollerá neste día a acreditación concedida ao Camiño de Santiago de mans dos Reis de España.
O Camiño de Santiago foi designado Embaixador Honorario da Marca España o pasado ano na categoría de Relacións Institucionais, por un prestixioso xurado integrado por numerosos representantes de empresas asociadas ao Foro de Marcas Renomeadas Españolas (FMRE), de diversas institucións da sociedade española, así como por altos representantes da Administración Pública española.
Segundo o xurado, a Ruta Xacobea foi elixida para formar parte deste prestixioso grupo por converterse nunha icona de España coñecida e recoñecida internacionalmente.
Así mesmo, os representantes destacaron a gran popularidade do Camiño que atrae cada ano a miles de turistas e peregrinos de todo o mundo, os cales, a través do mesmo, se familiarizan e vinculan de por vida á cultura e á gastronomía españolas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148