Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 26 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Educación realiza obras en 34 centros educativos de Vigo e a súa área

[Img #20019]

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de investir este ano máis de 750.000 euros para levar a cabo traballos a cargo do RAM (reforma, ampliación e mellora) nun total de 34 centros educativos de Vigo e a súa área territorial. Concretamente, actúase en 20 colexios de Primaria e 14 de Secundaria dos concellos de Vigo, Baiona, Gondomar, Nigrán, Moaña, Cangas, O Porriño, Mos, Redondela e Salvaterra do Miño.

 

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o IES Carlos Casares na cidade olívica, un dos centros de educación secundaria nos que se levaron a cabo este tipo de reformas. Neste centro reformouse a acometida e instalación de fontanería xa que as condicións de auga do centro eran de ferro galvanizado e co paso do tempo e máis a acción do cloro residente na auga produciuse a súa oxidación interior. A maior afastamento existía o problema de que a actual acometida de auga atópase no punto máis baixo da parcela do centro o que combinado coa presión da rede fixo necesaria un grupo de presión para poder abastecer os puntos do consumo do último andar. A actuación que está en curso de execución e está previsto que remate a semana próxima tivo un investimento superior aos 54.000 euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.