GALICIA
As saídas de vía foron a tónica xeral nas estradas galegas durante as últimas horas
Ata catro vehículos envorcaron en diferentes puntos da rede viaria galega. Ao fío das oito desta mañá, dous turismos envorcaron na Vía Rápida de Marín a Bueu, á altura da saída número oito, en sentido Bueu. O persoal do CAE 112 Galicia xa ten activado un operativo no que participan Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e o servizo de limpeza e mantemento da Consellería do Territorio, que tratarán de retirar os danos e restablecer a seguridade na vía. Tamén, na Estrada, outra condutora perdeu o control do coche que conducía e se saíu da vía. Segundo relataron os efectivos do GES, como os anteriores, o coche envorcou e a muller que ía no interior precisou da axuda do equipo de rescate para poder abandonar o vehículo. Unha vez fóra, a ferida foi evacuada por Urxencias Médicas a un centro hospitalario de Santiago de Compostela. O accidente ocorreu arredor das tres da madrugada na PO-841, no punto quilométrico 17. Por último, un camión cargado con botellas envorcou na N-VI, en Betanzos. Pese a quedar atrapado na cabina do vehículo, o condutor resultou ileso. Iso si, para abandonar o camión, necesitou da axuda dos Bombeiros de Betanzos.
Ademais dos efectivos do parque comarcal, neste caso, os xestores do CAE 112 Galicia pediron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento. O accidente dificultou a circulación á altura do punto quilométrico 574 da N-VI, pois o camión quedou atravesado na calzada. O 112 Galicia rexistrou o sinistro pouco despois das oito da tarde de onte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180