Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 29 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Nigrán

Nigrán amplía a súa flota con tres novos vehículos

A incorporación permitirá que por primeira vez Servizos Sociais conte cun coche para o seu uso

[Img #20034]

 

O Concello de Nigrán ven de ampliar a súa flota de vehículos coa adquisición en modo 'renting' dun furgón Renault Traffic para o traslado de persoal de Vías e Obras e a compra dun turismo Dacia Sandero para o uso de conserxe notificador. 

 

O furgón de 9 prazas resultaba totalmente indispensable para esta área do Concello, xa que ata o momento varios empregados debían exercer de choferes para poder trasladar ao persoal necesario ás obras, xa que xamáis se contou cun vehículo de 9 prazas. “Era algo que ningún goberno considerara cando a súa necesidade é evidente, o seu uso permitirá un traslado máis eficiente dos traballadores, unha renovación dunha flota completamente avellentada e incluso un aforro de costos·, sinala o alcalde, Juan González. A súa incorporación permitirá dar de baixa a outro furgón de diferentes características e en moi malas condicións. A media de idade dos  vehículos de Vías e Obras supera os dez anos.

 

A súa vez, o Concello adquiriu por 7.000 euros un automóbil Dacia Sandero de 15.000 km que hoxe cumpre exactamente un ano. Este será destinado para o uso do conserxe notificador, reubicando o Citroën Saxo que ata agora empregaba na área de Servizos Sociais, que por primeira vez contará cun turismo para as visitas e asistencia a domicilio. O novo goberno considerou máis ventaxosa esta compra que a que se deixara plantexada polo anterior, xa que se trataba doutro modelo co mesmo prezo e de máis de catro anos e 90.000 km.

 

Ámbolos dous vehículos foron adquiridos no concesionario Rodosa de Nigrán (na parroquia de Priegue) ao ofrecer a oferta máis competitiva de todas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.