Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 01 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ponteareas estrea o seu "portal de transparencia"

A concellería de Novas Tecnoloxías, dirixida por Benito Márquez, pon en marcha unha web destinada a achegar aos veciños toda a información posible relacionada coa xestión municipal

[Img #20124]O Concello de Ponteareas vén de estrear o seu portal de transparencia, ao cal xa se pode acceder a través da portada da web municipal. A concellería de Novas Tecnoloxías, xestionada por Benito Márquez, continúa “dando pasos encamiñados a cumprir un dos puntos do acordo de goberno acadado entre as tres forzas políticas que forman o actual executivo local, neste caso relacionada coa transparencia da xestión municipal”.

 

O novo portal estará dividido en catro grandes áreas: “Orzamentos”, “Indicadores Transparencia Internacional (ITA)”, “Colabora” e “Destacados”.

 

O primeiro apartado está previsto para a publicación de información detallada, de maneira anual, dos ingresos, dos gastos e do grao de execución dos orzamentos municipais.

 

No segundo será posible consultar cales dos 80 indicadores estipulados pola organización non gobernamental Transparencia Internacional son cumpridos polo concello. Os puntos marcados por este organismo permiten medir o índice de transparencia das administracións locais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.