Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 03 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Goberno de Ponteareas asegura que “o PP tenta impedir a aprobación das contas que o seu propio grupo elaborou”

[Img #20126]

 

O Concello de Ponteareas viviu, na tarde do pasado xoves 27 de agosto, unha situación que o goberno municipal califica de “inaudita”. Aseguran que ”O Partido Popular, representado por Salvador González Solla e Belén Villar, tentou impedir a celebración dunha Comisión de Contas e Facenda que serviu para emitir un informe favorable que permita continuar coa tramitación da aprobación das contas municipais do 2014”.

 

Dende o concello explican que “o argumento utilizado polos representantes do grupo popular foi o pouco tempo que tiveron para analizar as contas. Trátase esta dunha argumentación carente de sentido, pois as contas que finalmente se aprobaron na comisión do pasado xoves son as correspondentes ao ano 2014, elaboradas polo goberno municipal do que Salvador González Solla era presidente, Belén Villar concelleira de Economía e Facenda e anunciadas publicamente a inicios do pasado mes de abril presumindo de superávit”.

 

A Comisión de Contas do Concello de Ponteareas está formada por dous concelleiros do PP (Salvador G. Solla e Belén Villar), dous do BNG (Xosé Represas e Francisco F. Alonso), un do PSOE (Chus Garrote), un de ACIP (Raquel Bautista) e un do Grupo Mixto A Riada do Tea e EU (Lino Costas).

 

“Neste contexto, o habitual é que o goberno saínte aprobe as súas propias contas, pero no caso de Ponteareas non foi así. Nun acto de irresponsabilidade, o PP tentou retrasar a aprobación das contas solicitando máis tempo para revisalas e pedindo que se convocase de novo a Comisión” explican nun comunicado emitido dende o concello.

 

Os grupos do goberno rexeitaron a petición do grupo popular e seguiron adiante coa celebración da Comisión, dándose a situación de que BNG e PSOE votaron a favor das contas do anterior goberno municipal para que o ditame do informe fose favorable, sendo aprobado con 3 votos a favor, 1 abstención (EU) e 1 voto en contra (ACIP).

 

O concelleiro de Facenda, Francisco Alonso, criticou con dureza “a pretensión do PP de buscar o bloqueo económico do Concello e pór en risco futuros ingresos coa súa actitude irresponsable”. Alonso asegurou que “dende a concellería de Facenda e dende o conxunto do goberno local se fará todo o que estea na nosa man para que o Consello de Contas e o Tribunal de Contas reciban as contas do Concello de Ponteareas nos prazos esixidos, garantindo así que este municipio non sufra maiores bloqueos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.