Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 31 de Agosto de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

CCOO denuncia falta de persoal no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo

CCOO denuncia que o Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD Vigo II), sito no Meixoeiro, dependente da Consellería de Traballo e Benestar,  “non cumpre cos requisitos mínimos esixibles para atender dignamente as persoas maiores dependentes”.

 

Sinalan que “este complexo residencial, inicialmente foi deseñado para atender a persoas maiores válidas, e que pasou na actualidade a atender a persoas maiores dependentes, sen que se realizasen as obras de adaptación necesarias, nin se incrementase o seu cadro de persoal, o que supón que a atención aos usuarios residentes non se poida realizar cos estándares de calidade esixibles neste tipo de centros públicos, a mais de obrigar ao persoal a realizar sobreesforzos innecesarios, para garantir unhos coidados dignos mínimos, por culpa dunhas instalacións inadecuadas”.

 

Dende o sindicato explican que “si a unhas instalacións inapropiadas, lle sumamos unha política de persoal, levada a cabo pola Consellería de Traballo e Benestar, nos últimos 5 anos, que incumpre os rateos de persoal, para un centro de atención a persoas dependentes, que non cubre as baixas, que non cubre as xubilacións, que non cubre as vacacións, que non cubre os permisos e licenzas, temos unha situación explosiva que cada día se complica mais, o que supón que non se lle poida garantir unha atención de calidade aos residentes do CRAPD II de Vigo”.

 

Desde CCOO consideran que “esta forma de actuar, da Consellería de Traballo e Benestar, supón un desprezo cara aos residentes, que teñen dereito a uns servizos públicos dignos, e tamén para o persoal, que se ve obrigado a traballar nunhas condicións que non son axeitadas para garantir esa atención que merecen aos usuarios. A pesar de que o informe de sinistralidade, da propia Consellería de Traballo e Benestar, do ano 2014, indicaba que o colectivo con mais accidentes, por sobreesforzos, eran os/as auxiliares de enfermaría, está segue sen adoptar ningunha medida para corrixir esta situación”.

 

Para CCOO resulta “lamentable que diante destes feitos obxectivos: unhas instalacións inadecuadas e unha falta de persoal evidente, a Consellería de Traballo e Benestar, siga demostrando tan pouco interese por mellorar as instalacións e por incrementar o cadro de persoal, para proporcionarlle a atención de calidade que se merecen aos nosos maiores”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.