Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 01 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Unhas 700 persoas asistiron á Festa da 3ª Idade de Mos

Os matrimonios que cumpren as vodas de ouro festexaron tan emotivo acontecemento acompañados dos seus familiares, amigos e veciños

[Img #20139]

 

O Concello de Mos organizou un ano máis a Festa da 3ª Idade dirixida aos maiores de Mos, celebrada este domingo en Costoias, parroquia de Tameiga, e que este ano cumpriu a súa XXIV edición contando coa asistencia dun total de 700 persoas, entre homenaxeados, familiares e amigos.

 

Éxito rotundo dunha das celebracións máis emblemáticas do Concello de Mos, a Festa dos Maiores, que cada ano crece en afluencia de público e que nesta súa vixésimo cuarta edición superou en aproximadamente un cento os visitantes da edición pasada.

 

A Festa da 3ª Idade dirixida aos maiores de Mos iniciouse o domingo pola mañá cunha Misa Cantada previa na Capela da Virxe da Pena de Francia, tamén en Tameiga. Este ano a celebración cumpriu, como xa se dixo, a XXIV edición, e contou coma sempre coa asistencia dos matrimonios homenaxeados que celebran en 2015 as súas vodas de ouro ou 50 anos de casados, acompañados dos seus familiares e amigos.

 

Esta emblemática festa soe gozar cada ano dun éxito rotundo e está concebida dende a administración local como parte do programa destinado ós maiores mosenses, coa finalidade de impulsar a participación social activa e a integración deste colectivo de idade na comunidade; así como lograr a participación en distintas actividades creativas e lúdicas.

 

Na Festa da Terceira Idade de Mos homenaxéase aos matrimonios, das dez parroquias mosenses, que cumpren os 50 anos de casados. Este ano o número total de mosenses que cumpren as súas vodas de ouro son 30 parellas de todo o municipio, un total de 60 persoas, das que aproximadamente a metade asistiron á celebración de onte en Tameiga.

 

Os obxectivos desta actividade son promover a calidade de vida das persoas maiores de Mos, impulsar a participación social activa e a integración das persoas maiores na comunidade, facilitar os medios para a reunión deste colectivo, previr a soidade, avanzar na capacitación e autodeterminación das persoas maiores, impulsar e dinamizar as relacións sociais e facilitar espazos de ocio para as persoas maiores.

 

O festexo iniciouse ás 12.00 horas da mañá cunha Misa Cantada na Capela da Virxe de Pena de Francia. Ás 13.00 horas a Banda de Música Xuvenil de Torroso deu un concerto e ás 14.00 horas comezou o aperitivo campestre gratuíto para tódolos asistentes a base de callos e porco ao espeto. Os matrimonios homenaxeados tamén foron convidados polo Concello ó xantar, que deu comezo ás 14.30 horas.

 

Coa sobremesa, ás 16.00 horas, chegou a actuación musical do Grupo M3 e ás 16.30 horas realizouse a entrega de agasallos ós homenaxeados. Ós matrimonios que non estiveron presentes entregaráselles o detalle no seu domicilio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.