GALICIA
O 061-Galicia asistiu a 75 persoas por 54 accidentes de circulación durante a fin de semana
Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 25 sinistros de tráfico
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 75 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 28 de agosto ata as 23:59 horas do domingo, 30 de agosto. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado con 24 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 54 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 75 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57 e 43 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 56 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 44 anos.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 76. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a oito sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a unha persoa, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 59 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.
En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro a pesar dos esforzos dos sanitarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22