Salvaterra de Miño
As 5 Denominación de Orixe vitícolas de Galicia facturaron o ano pasado máis de 150 millóns de euros
Salvaterra acolleu esta fin de semana a LVI Festa do Viño do Condado do Tea
O ano pasado as 5 Denominacións de Orixe vitícolas de Galicia facturaron máis de 150 millóns de euros pola comercialización de preto de 35 millóns de litros de viño. Así o trasladou a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, na LVI Festa do Viño do Condado, que se celebrou en Salvaterra de Miño.
Patricia Ulloa destacou o traballo dos máis de 16.000 viticultores e das 450 adegas galegas que “fan do sector vitícola galego un sector estratéxico no conxunto do sector agrario e un elemento clave na dinamización socio-económica de amplas zonas do noso territorio”, dixo a directora.
A directora xeral recoñeceu o labor das adegas e a súa aposta pola tecnificación na elaboración dos viños. Isto, conxugado coa excelente materia prima empregada e co esmero na elaboración, dan como resultado uns viños dunha calidade amplamente recoñecida, incluso nos mercados internacionais, nos que cada vez está máis presente.
A responsable de produción agropecuaria animou ao sector vitícola das Rías Baixas, ao que pertence o viño do Condado do Tea, a seguir traballando para impulsar os produtos de calidade de Galicia. Neste sentido dixo que o gran reto da viticultura galega é o da comercialización, eido no que a Xunta traballa arreo para promover o consumo.
D.O. Rías Baixas
A denominación de orixe Rías Baixas está formada por 6.031 viticultores e 170 industrias que traballan 4.027 hectáreas de superficie. O ano pasado esta denominación produciu máis 19 millóns de litros de viño cualificado e facturou un valor estimado de máis de 96 millóns de euros.
A zona amparada para a produción de viño con D.O. Rías Baixas localízase na provincia de Pontevedra e no sur da da Coruña, organizándose nas subzonas Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121