Nigrán
O goberno de Nigrán anima á veciñanza a participar na manifestación “a prol dun hospital 100% público”
Tódolos partidos da corporación agás o PP aprobaron no último pleno unha moción que denunciaba as carencias do novo centro e que ademais apoiaba a convocatoria de manifestación o 3 de setembro
O goberno de Nigrán anima á veciñanza “a participar na manifestación do xoves en Vigo convocada pola Xunta de Persoal do Sergas e SOS Sanidade Pública a favor dun hospital Álvaro Cunqueiro 100% público e en contra das alarmantes deficiencias desta infraestrutura”. No último pleno do Concello de Nigrán, celebrado o 30 de xullo, tódolos partidos políticos agás o PP, que se abstivo, votaron a favor dunha moción que demandaba un centro 100% público e que ao mesmo tempo incluía o apoio expreso á citada manifestación. Esta mesma moción impulsada polos convocantes foi apoiada en diferentes municipios da área sanitaria de Vigo -con Vigo á cabeza- coa especificidade de que en Nigrán se engadiu un punto relativo á necesidade de contar con transporte público ata o centro ubicado en Beade e para o que actualmente non hai posibilidade algunha de chegar en autobús.
“Queremos un hospital 100% público, con tódolos servicios públicos e transporte público para achegarse a él”, insiste Juan González, alcalde de Nigrán, quen denuncia “a súa privatización e os recortes feitos sobre o proxecto orixinal, ademáis da taxa inxusta que os pacientes teñen que pagar en cocepto de parking”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119