Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 01 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O PSdeG-PSOE pon autobuses para a manifestación do vindeiro xoves

A iniciativa, tamén secundada por varias AA.VV. do concello, pretende facilitar que a veciñanza poida manifestar “o seu malestar, preocupación e indignación polo desmantelamento do Hospital do Meixoeiro, referente para o noso municipio e o traslado o novo hospital Álvaro Cunqueiro de xestión privada, acudindo o xoves día 3 as 20:00 a manifestación convocada polos axentes sociais, pero sobre todo pola propia cidadanía da area sanitaria de Vigo” explican nun comunicado emitido hoxe.

 

Os socialistas informan que “será preciso reservar praza no teléfono de xuventudes socialistas de Mos 660 579 729a fin de contratar os autobuses que fosen necesarios. O percorrido sairá de Sanguiñeda as 19:00 horas, fronte a discoteca QUEEN, e fará parada no alto de Puxeiros dirixíndose xa ata o hospital xeral, lugar da manifestación. Ó remate da mesma, farase o mesmo percorrido e paradas de retorno. O custe será enteiramente sufragado pola agrupación local socialista”.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.