O Porriño
O Porriño aproba unha moción do BNG en “apoio da sanidade pública”
A alcaldesa reuniuse con representantes da Plataforma pola sanidade pública para trasladarlles o apoio do Concello a sanidade pública e a sua participación na manifestación do 3 de setembro. Eva Garcia invita aos veciños do Porriño a sumarse a mesma.
![[Img #20163]](upload/img/periodico/img_20163.jpg)
No último pleno da Corporación Municipal do Porriño, celebrado o pasado 29 de xullo, aprobouse unha moción do BNG en apoio da sanidade pública e instando ao Concello a participar como institución na manifestación convocada o próximo 3 de setembro pola Plataforma en defensa da sanidade pública. Ademais do respaldo do BNG, a moción contou cos votos favorables de EU-Son e do grupo de goberno, integrado polo PSdeG-PSOE e UDDL.
Onte a tarde a alcaldesa do Porriño, acompañada de membros do equipo de goberno, reuniuse cos voceiros da Plataforma, Manuel Martín e Jose Emilio Santiago, para trasladarlles o contido da resolución do Pleno Municipal, e a decisión do Grupo de goberno de “apoiar activamente a sanidade pública e de asistir á manifestación. Quero invitar a todos os veciños do Porriño a sumarse a esta manifestación e a defender a sanidade pública, que é unha conquista social que debemos entender como un dereito fundamental. Non podemos retroceder”, destacou Eva García de la Torre.
A rexidora denunciou que “o PP traballou e realizou un hospital para beneficio da empresa privada sen atender á calidade do servizo que se presta aos cidadáns”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121