Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 01 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Este domingo en Tui 26 persoas poderán participar gratuitamente nunha sesión de flyboard

Esta é a primeira vez que un concello de Galicia realiza un espectáculo de flyboard fluvial

[Img #20169]O Concello de Tui organiza este domingo unha actividade acuática de ocio no que 26 persoas poderán experimentar gratuitamente o flyboard.  Durante toda a xornada do domingo, especialistas da empresa Flyboard Vigo estarán na praia fluvial da Mariña de Tui, para darlle oportunidade ós 26 veciños que consigan unha das prazas que se asignen por sorteo, para probar a sensación de voar sobre a auga.

 

O flyboard trátase especificamente do aparato co que se practica este novo deporte acuático, conéctase e obtense a súa potencia por medio dun jetski (moto de auga), o cal ten como función darlle a propulsión debaixo e sobre a auga. Os practicantes conéctanse ó aparato por medio dunhas botas ou táboas, as cales dan o soporte necesario para dar o equilibrio pertinente e que consiga voar sobre a auga.

 

Esta é a primeira vez que un concello galego vai realizar flyboard nun río. Trátase dunha boa oportunidade para probar de xeito totalmente gratuíto unha modalidade deportiva orixinal, e que habitualmente ten un elevado custe para os participantes. Para obter unha das prazas e así poder gozar do flyboard, é preciso participar nun concurso que pon en marcha o Concello de Tui a través da Radio Municipal de Tui.

 

A partir de mañá mércores e até venres, a Radio Municipal de Tui vai sortear 26 pases para practicar flyboard este domingo nas augas do río Miño. Participar é moi sinxelo. Dende a radio lanzarase unha serie de preguntas, e os interesados deberán achegar as súas respostas, chamando ó número de teléfono 986 60 70 55.

 

O participante deberá indicar o seu nome completo con apelidos, idade e DNI, xunto coa resposta, que será contabilizada por rigorosa orde. Cada día, dez minutos antes das 12 do mediodía, farase o sorteo en directo.

 

Os gañadores poderán desfrutar dun pase completo para practicar flyboard. Haberá 12 vales para mozos entre 12 e 18 anos e 14 para adultos, dende os 18 anos en diante. Os menores de idade deberán contar con autorización paterna. O horario da actividade dividirase entre mañá e tarde, de 11h. a 14h. e de 16h. a 19.30h. A partir das sete e media da tarde do domingo, membros de Flyboard Vigo realizarán unha exhibición. Lémbrase que os participantes deberán levar bañador e toalla.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.