GALICIA
Dende a CIG aseguran que "o descenso estacional do paro no mes de agosto en Galiza é o menor dos 3 últimos anos"
As sucesivas series de paro rexistrado constatan que agosto é un mes no que adoita descender o desemprego en Galiza. Porén, fronte o optimismo do goberno sobre a situación económica, a CIG asegura que "o descenso estacional do desemprego do mes pasado (do 1,2%) foi o menor dos tres últimos anos (nos dous anteriores o descenso fora do 1,4%), malia presentar cifras de crecemento económico inferiores á deste ano ou mesmo negativas. Parello a isto, medra a temporalidade e con ela a precariedade e segue a se manter en arredor do 50% o número de persoas desempregadas que non perciben ningún tipo de prestación".
Así as cousas, o mes de agosto rematou en Galiza con 213.732 persoas desempregadas, 2.639 menos que no mes de xullo. Un descenso atribuíble fundamentalmente aos 1.498 desempregados menos do sector Servizos, que supuxeron máis do 50% do total.
Con todo, malia corresponderse co sector Servizos o maior número de contratos rexistrados, o descenso porcentual do paro neste sector foi unicamente do 1,10%. Un descenso que se repite en todos os sectores, entre os que cómpre salientar o de Industria que foi dun 1,7% ou de Construción, que chegou ao 1,87%.
Porén, tamén neste caso a tónica é semellante. “Tanto en Industria como en Construción a redución do desemprego é inferior ao ano anterior e só en Servizos ten unha evolución semellante”, matiza o secretario confederal de Emprego, Miguel Malvido.
Precariedade laboral
A evolución da contratación amosa, máis unha vez “a precariedade da mal chamada recuperación”, apunta Malvido, xa que dos 75.964 contratos asinados durante o último mes, un total de 72.082 foron temporais. Isto é, tan só o 5,1% se corresponden con algunha das modalidades de contratación indefinida. Unha cifra que tamén é inferior á do ano pasado, cando a porcentaxe de indefinidos acadara o 5,7%.
Isto leva a concluír ao secretario confederal de Emprego que “o pouco emprego que se crea é precario” o que demostra, ao seu entender, que “aquilo que nos vendían de que a recuperación económica da que tanto falan -que a clase traballadora non percibe por ningún lado- ou o incremento do PIB provocarían un aumento do emprego, é falso”.
Xunto a isto denuncia que “para o que realmente serviu a crise foi para desregular as relacións laborais, reducir salarios, suprimir dereitos, facilitar ás empresas o despedimento daquelas traballadoras e traballadores con mellores condicións laborais, salariais e sociais e empeorar as condicións da contratación.”
Malvido alerta ademais de que o número de persoas desempregadas que non perciben ningún tipo de prestación mantense arredor do 50%. “O risco de exclusión social é real e seguen sen articularse medidas, desde a Xunta de Galiza, para paliar esta situación”, denuncia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213