GALICIA
CCOO insta a Xunta a orientar os orzamentos do 2016 para atender as máis de 213.000 galegas e galegos desempregados
Este mes baixou o paro rexistrado en Galicia pero menos ca nos meses de agosto dos anos anteriores. Hai 2.639 parados e paradas menos ca en xullo de 2015; en 2014 rexistrábanse 3.340 menos e en 2013 a cifra baixaba ata 3.578. Boa parte deste descenso débese ao inicio dos cursos de formación para persoas desempregadas, que desta maneira non computan nas cifras do paro rexistrado. Por este motivo, Comisións Obreiras (CCOO) considera que se está a desacelerar a recuperación do emprego no noso país.
Neste escenario, a Secretaría de Emprego de CCOO insta a Xunta de Galicia a que "oriente os orzamentos do ano 2016 a atender as máis de 213.000 galegas e galegos desempregados e as cen mil persoas que, malia que traballaron, non teñen arestora ningún tipo de protección social".
A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, lembra que os «constantes recortes» do Executivo de Feijóo xa están a causando que o crecemento da economía galega sexa inferior á media estatal, concretamente do 0,6 %, mentres que o conxunto do estado medra un punto. A sindicalista pídelle á Xunta unha «aposta decidida» pola industria para que realmente se recuperen a economía e o emprego. Porén, coida que os últimos indicadores publicados demostran que a comunidade galega carece de política industrial e sen ela «é moi difícil albiscar a recuperación», lamenta.
Datos do paro rexistrado
A baixada do paro rexistrado foi de 2.639 persoas no mes de agosto (1,22 %) e de 23.207 desde agosto de 2014 (-9,79 %), co que o número total de persoas desempregadas é de 213.732; destas, o 55 % son mulleres (116.981 paradas e 96.751 homes). Do total, 10.710 tiñan menos de 25 anos. O desemprego baixa máis nos homes que nas mulleres, tanto na comparación mensual (–1.849 parados fronte a –790 paradas) coma na anual (–15.355 parados fronte a –7.852 paradas). No que atangue ás persoas menores de 25 anos, rexístranse 104 menos ca en xullo (–0,96 %) e 2.985 menos ca hai un ano (–21,80 %).
O paro rexistrado baixou en todos os sectores de actividade na comparación mensual e na anual. En concreto, este mes hai 1.498 persoas paradas menos nos servizos, 504 na construción, 324 na industria, 179 no colectivo sen emprego anterior e 134 na agricultura. En proporción, o descenso maior dáse na construción (–1,87 %).Con relación ao mes de agosto de 2014, o paro rexistrado diminúe, sobre todo, nos sectores máis masculinizados: a construción (–17,81 %) e a industria (–16,79 %).
Análise da contratación
Este mes caeu a contratación, e con máis forza a indefinida: 2.153 contratos indefinidos menos ca en xullo (–35,68 %) e 20.814 temporais menos (–22,41 %). En termos anuais, tamén diminúe a contratación indefinida (232 contratos indefinidos menos fronte a 4.163 temporais máis).
A contratación está marcada pola temporalidade: no mes de agosto rexistráronse 72.082 contratos temporais nas oficinas dos servizos públicos de emprego (o 94,89 % do total) e só 3.882 indefinidos (o 5,11 % do total).
Afiliación á seguridade social
A afiliación media á seguridade social aumenta un 0,56 % con respecto ao mes de xullo e un 2,29 % no último ano. Así e todo, en Galicia hai 963.196 persoas afiliadas á seguridade social (non chegamos ao millón).
En agosto, a evolución da afiliación por réximes foi como segue: 5.063 afiliacións máis no réxime xeral ca no mes de xullo (+0,70 %), 222 máis no do mar (+1,05 %) e 31 máis no de autónomos (+0,01 %). Non obstante, na desagregación do réxime xeral, pérdense afiliacións no réxime agrario (9 menos) e no do fogar (128 menos). Na comparación anual segue baixando a afiliación á seguridade social no mar (353 menos).
No último mes, o incremento da afiliación á seguridade social foi maior que a baixada do paro rexistrado: en agosto había 2.639 persoas paradas menos ca en xullo, e as afiliacións á seguridade social medraron en 5.317. Pero se a comparación se fai en termos anuais, o descenso do paro rexistrado non se traduce na súa totalidade en creación de emprego. O número de inscricións nas oficinas dos servizos públicos de emprego diminúe en 23.207 con respecto ao mes de agosto de 2014 pero a afiliación media á seguridade social só aumenta en 21.558 persoas desde agosto de 2014.
Prestacións por desemprego
No mes de xullo de 2015 había 18.451 persoas menos a cobraren unha prestación por desemprego que hai un ano e gastábase un 18 % menos no pagamento das prestacións por desemprego. No último ano, mudou a distribución das prestacións por desemprego porque agora xa hai máis persoas percibindo un subsidio por desemprego que unha prestación contributiva, mentres que hai un ano era ao contrario. Das 108.239 persoas beneficiarias de prestacións por desemprego o pasado mes de xullo, 49.330 percibían un subsidio por desemprego, 44.047 contributivas, 12.483 a renda activa de inserción e 2.379 correspondían ao programa de activación de emprego.
A cobertura do sistema de protección por desemprego durante o mes de xullo de 2015 foi do 54,8 %, mentres que un ano antes era do 57,7 %. Polo tanto, en Galicia hai máis de 89.000 persoas paradas que teñen experiencia laboral mais non cobran prestacións por desemprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119