Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 03 de Septiembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Defensa da Sanidade Pública denuncia diante da UE a licitación do novo hospital de Vigo e pide o rescate da concesión

A plataforma envioulle toda a documentación por correo á Comisión Europea, que agora ten 70 días para valorar se a traslada ao Tribunal de Xustiza

[Img #20188]Representantes da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e de SOS Sanidade Pública remitíronlle hoxe por correo á Comisión Europea a denuncia contra o proceso de licitación do novo hospital de Vigo “por presunto incumprimento do Dereito Comunitario do Reino de España na persoa do Goberno da Xunta de Galiza”. A partir de agora ábrese un prazo de 70 días para que o organismo decida se dá traslado da denuncia ao Tribunal de Xustiza.

 

O envío por correo certificado de toda a documentación necesaria para que a Comisión Europea poida valorar se lle remite a denuncia ao tribunal comunitario tivo lugar este mediodía na sede principal de Correos en Vigo.

 

Antes de facer entrega do sobre nas oficinas postais os voceiros de Defensa da Sanidade e de SOS Sanidade explicaron diante dos medios de comunicación que a denuncia baséase no incumprimento tanto das condicións da licitación como da construción. “Como consecuencia temos un hospital máis pequeno, con menos servizos e con peores materiais”, precisou Manuel González Moreira, portavoz de SOS Sanidad Pública e secretario comarcal da CIG-Saúde de Vigo.

 

Na denuncia sinálase que a Xunta introduciu importantes modificacións no proxecto inicial que supoñen que a área sanitaria viguesa verá reducidas en 517 as camas de hospitalización convencional; tamén se eliminou o hotel de pacientes, a gardería, a unidade de 160 camas de Coidados Mínimos-Intermedios, a unidade de docencia e investigación e a de rehabilitación; tamén desaparece o laboratorio central e o bloque cirúrxico redúcese de 35 a 24 quirófanos “nunha área sanitaria que acumula a lista de espera máis elevada do país, tanto en número de pacientes (máis de 25.000) como en tempo de agarda”.

 

"Artificio contábel" para reducir o déficit público

 

En canto ao proceso de licitación, dende os colectivos en defensa da sanidade pública consideran especialmente grave que o Sergas incumprise o principio contemplado no prego de condicións de que o financiamento do proxecto debería correr “a risco e ventura” da empresa adxudicataria “porque foi a propia Xunta a que lle facilitou e lle avalou á concesionaria os cartos a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO) e do Banco Europeo de Investimentos (BEI)".

 

Ademais, sosteñen que o Goberno galego cambiou o modelo de financiamento e xestión pública da infraestrutura sanitaria “por outro autoproclamado de concesión administrativa de obra pública”. Este “artificio contábel” permitiríalle contabilizar o gasto como investimento e non como déficit público, polo que reclaman que figure como débeda pública por investimento e non como gasto corrente a cargo de exercicios futuro, computando por tanto como déficit público.

 

Por todos estes incumprimentos, demándanlle da Comisión Europea que insta á Xunta a resolver a concesión e a rescatala para a xestión pública. Neste senso, entenden que o atraso de 14 meses na entrega da obra por parte da empresa concesionaria supón un incumprimento grave do prego de condicións e debera supoñer a resolución do contrato “por atraso no prazo total ou nos prazos parciais previstos”.

 

No caso de que o organismo comunitario non atenda a solicitude de rescate da concesión, tanto dende Defensa da Sanidade Pública como dende SOS Sanidade agardan que cando menos si recoñeza os incumprimentos para no futuro -“cando se produza un cambio de vontade política”- poder rescatala para a xestión pública sen ter que abonarlle o lucro cesante á empresa.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.