Ponteareas
Oito autobuses partirán do Condado hoxe para participar na manifestación na defensa da sanidade pública
O BNG da comarca do Condadofai un chamamento aos aos veciños e veciñas dos concellos que integran a comarca do Condado Paradanta e Louriña do BNG a participar na manifestación deste xoves día 3 en vigo na defensa dunha sanidade pública de calidade e universal.
Dende o BNG aseguran que sempre demandou “a construcción dun hospital público equipado cos últimos avances en atención sanitaria para o área sanitaria de Vigo. Denunciamos poúblicamente de forma reiterada a decisión do goberno do PP na Xunta a decisión de construir un novo hospital baixo a modalidade de concesión a fondos inversores coa consecuencia de ter na actualidade un Novo Hospital con numerosos servizos privatizados, unha construcción de baixa calidade e cun alto custe de fondos públicos”.
“A esta decisión da Xunta de Galiza de apostar por unha sanidade de peor calidade, súmase a posta en funcionamento do Hospital cun protocolo de traslados caótico co correspondente risco para a sáude dos e das usuarias e e a falla de planificación en habilitar liñas de transporte público dende as comarcas do Condado, Louriña e Paradanta” indican nun comunicado de prensa.
O BNG do Condado afirma que ten “organizado e contratado oito autobuses para favorecer o traslado dos veciños e veciñas a manifestación do xoves que sairá as 20:00 do Hospital Xeral de Vigo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121