Mos
O entorno do Pazo de Mos acolle esta fin de semana un festival musical intercéltico
‘O Son do Pazo’ podería converterse nun referente galego ó contar xa en cartel, na súa primeira edición, con Son de Seu, Uxía e Budiño entre outros
![[Img #20199]](upload/img/periodico/img_20199.jpg)
Esta fin de semana celebrarase o I Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’. A entidade organizadora deste evento cultural e musical é o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos.
O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ é un festival de música folk que se vai realizar en Mos, concretamente no entorno do Pazo de Mos, a vindeira fin de semana: os días 4 e 5 de setembro. Esta vai a ser a primeira edición, para a cal contarase con grandes grupos do mundo folk; pretendendo que este Festival se convirta nun referente da música galega, tanto neste Concello como na zona sur de Galicia e norte de Portugal.
Como xa se dixo o evento esta organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, (con sede no Pazo de Mos), contando como principais colaboradores o Concello de Mos e a Deputación de Pontevedra.
A idea principal é consolidar este evento como un referente da música galega, pasando a formar parte dunha das citas máis importantes do panorama folk. Tamén se persegue o obxectivo de converter este evento nun festival intercéltico onde o público poida gozar non só de grupos galegos, senón tamén de grupos doutras culturas Celtas.
Os asistentes a este Festival contarán cun lugar para poder realizar acampada libre e así poder disfrutar dos dous días de concertos.
A programación constará dos seguintes concertos: o venres 4 de setembro a partir das 22:00 horas apertura do Festival con A Vacaloura Vermella, Riobó e Son de Seu; e o sábado día 5 a partir das 12:00 horas pasarrúas e sesión vermú a cargo da Banda de Gaitas Marino Tapiega e Tapia Casariego (Asturias) e da Banda de Gaitas Airiños do Castelo, e a partires das 21.30 horas Banda de Gaitas Airiños do Castelo, Banda de Gaitas Marino Tapeiga, Os Dabaixo, e Budiño & Uxía. O domingo ó longo de todo o día haberá un pulpeiro e obradoiros de artesanía e baile. Durante os dous días do Festival haberá exposicións de coiro e instrumentos traicionais.
Ademais o sábado día 5 celebrarase unha concentración e ruta de motos Vespa na que os propietarios e/ou conductores dunha destas motocicletas poderán inscribirse ás 17.00 horas da tarde, para a continuación partir cara á ruta e regresar para a entrega de diplomas ás 20.30 horas no Pazo de Mos.
HORARIOS GRUPOS FESTIVAL INTERCELTICO O SON DO PAZO
VENRES 4
22:00 SON DE SEU
23:30 RIOBÓ
01:00 A VACAOURA VERMELA
SABADO 5
21:00 BANDA DE GAITAS AIRIÑOS DO CASTELO
21:45 BANDA DE GAITAS MARINO DE TAPIEGA
22:30 UXIA
23:30 BUDIÑO
00:50 OS DABAIXO
http://xornal21.com/serv/file/188/pazo-de-mos/

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121